martes, 18 de noviembre de 2014

A sorna de Camilo

Camilo Franco fala de literatura e da lingua galega
 
  Ós once anos era un pastor.”Ía pastar cos cabalos e fitei como lles gustaba comer a flor do toxo”. Pasaba tantas horas no monte que acabou por perdelle o medo ós lobos.
   De ollos azuis e cellas poboadas. Hoxe coordina un obradoiro de escrita promovido pola Concellería de Normalización Lingüística. “Os escritores con talento non dan cursiños”.
 
   A escribir apréndese facéndoo e logo borrando e podando” como facía Truman Capote. “Pódese escribir en calquera sitio e circunstancia. Non é verdade a visión do escritor solitario. Só é un estereotipo”.“O importante da escrita, como do teatro, é lanzar o foco onde non o poñen os outros”. O supremo debe ser a historia, moi por riba do estilo.Un dos motores da literatura é o odio porque algo que detestas nunca te resulta indiferente.  “Para min escribir en primeira persoa para transmitir confesión é redundante. Acabas finxindo sinceridade”.

   A escritura concisa amosa máis dominio.Coma o púxil que adestra cunha man atada para mellorar o seu gancho coa outra.“No relato breve o que suxires ten que ser máis co que escrebes” .“Son partidario de substituir a lírica pola ironía na literatura”. Prefire ler algo entretido que transcendente.A literatura é mellor cando o xuízo de valor non o fai o escritor senón o lector”.
   A literatura galega é “palabrista” como se adaptase un papel de conservadora dos termos rebuscados.  “É inxusto que toda a literatura galega vaia ó mesmo balde da librería porque así tamén acaba no mesmo estante mental”.Non son un único xénero.“Os que pensan que redactan de puta madre e o resto da xente non os entende quizais están sobrevalorando a súa obra". “A maioría dos escritores galegos nunca escollen a literatos de aquí entre os seus favoritos”.Aínda hai xornalistas, como Jaureguizar, que non identifican a súa profesión coa literatura.

   Tamén teoriza sobre as doenzas da nosa língua. “O galego asociábase ó folklore á agora ós culturetas”. Hai dez anos os rapaces chegaban á Universidade e, cunha pose de rebeldía, collían Filoloxía para falalo galego”. “A esperanza do galego é a xente de Ordes e Mesía que enche as Cancelas”. Pero o problema é que moitos deles cando ven á ambulancia ou as cámaras de televisión cambian o rexistro.  Como se non nos puidésemos sublevarnos nunca da mentalidade sumisa da Terra. Como aquela proclama de Castelao “denantes mortos que escravos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario