Ignacio Vilar
atrévese cunha volta de torca á obra xenial de Blanco Amor. O escritor non quedara
saciado coa versión de Gonzalo Suárez. A
historia dunha borracheira sen fin polas rúas de Ourense, bautizada como Auria. Co asesoramento histórico de Bieito Iglesias,
que lembrou como era a vila no intre no
que naceu.Anos de zocos de madeira e de desplumar as galiñas ó calor das
Burgas. Rodada a comezo de ano para ambientar o ambiente de invernía
melancólica.
Un reparto con
moitas caras coñecidas do audiovisual galego, que sopra vintecinco anos de
roteiro. Volveu confiar en Sabela Arán; a súa musa é Socorrito, atormentada
dende que a preñaron, que quere acostarse con aquel que arrecenda.Mela Casal é
a alporizada Madame Nonó. Enrique Otero, creador da orixinal Crebinsky,
fai un cameo como pianista.E como guía,un home coa habilidade de promocionar o
seu cinema ata o último recuncho. Non hai marquesiña núa.
Cibrán tenta
enderezar a súa vida. Amigou coa Raxada, que deixou o puterío xa enferma.Pero
non é quen de acudir a súa labor de picapedreiro para alimentar a súa criatura
de catro anos. Engaiolado polo Bocas e Milhomes únese a bebedela.Eles xa
cometeran falcatruadas na Taberna do Chaguazoso. O principio séntese avergoñado
pola actitude dos seus amigos. “Dades noxo”.En tres vegadas tenta abandonar a
tolemia. Sen moita vontade. É o propio Cibrán quen conta a historia.¿Quen nos
di que non suavizou os seus excesos? Santo non é. Se non se deitou coa
Costilleta non foi por fidelidade senón porque ela viña dun servizo con Pepe O
Cabito.
O que diferencia a
Cibran dos outros folgazáns é o seu cargo de conciencia. A piques estivo de
lanzarse ó Miño dende a Ponte Maior. Xan o Bocas é o máis violento e arroutado.
É un contrabandista maragato que pon os cartos para costear a festa. Non
disfruta dunha troula sen a presenza de Milhomes, rateiro afeminado que morre
de ciumes cando o primitivo quere fuchicar.
Os tres anxeliños
feden a piorno e castrón. Galiñas que cagan onde comen. Beben na pía da fonte
onde mexan. Riles sen fondo. Un rito dionisíaco ás escuras. Do único de que non
son culpables é da pelexa na Taberna do Roxo. A súa imaxe se distorsiona. Gargalladas
e cantigas. Altercados e fuxidas. A despistada Garda Civil e a Santísima
Trinidade. Un sino desesperanzador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario