Intervención de Bieito Iglesias
Marcos Lourenzo quedou con gana de falar
dos que lle gustaría ser malditos pero se quedaron en impostores. Elexiu para
ambientar o My Way que destrozou Sid
Vicious, baixista de Sex Pistols. Ese
mártir do rock morreu con vinteún anos por unha sobredose de heroína suministrada
pola súa nai. Breve discurso de Xesús Vázquez Abad, negra sombra de Castelao, que
marchou axiña para entregar uns premios.
¡Qué non sexa o derradeiro acto do Ciclo Nexos!
Encomendouse a
Bieto Iglesias, fiel conversador de cabeceira que ven de publicar A última música das cousas , a difícil
tarefa de introducirnos nas mentes malditas en só quince minutos. Ao ourensán
nunca lle falta a sorna. “O máis cerca que estiven de ser maldito foi cando
unha vez estaba ceando na Curtidoría
e me confundiron con Leopoldo Panero”.
Quixo falar
daqueles que podemos pensar que son malditos pero non son tal. “Escritores fracasados hai moitísimos. Case
todos”. Quique Alvarellos pediu un arrecendo ó universo galaico. Non
levarían devandita etiqueta Lois Pereiro
nin Teodosio Vesteiro, por máis que se pegara un tiro no Museo do Prado.Carlos
Oroza, poeta de Viveiro,sería máis ben hippie para Bieito. E a Xeración Doente, que morreron de
tuberculose antes dos trinta anos, eran só existencialistas.
Walter Scott sufriu moito pero sen
embargo é un escritor da felicidade. Toulouse-Lautrec
non era maldito. Cando tiña tres anos sufriu un accidente que o deixou anano
para toda a vida. Por exemplo a súa experiencia erótica limitábase a visitar o Moulin Rouge.
Unha das súas célebres afirmacións foi “cando eu morra serei o nariz de
Cirano”.
O ourensán acotou o malditismo
aos continuadores do romanticismo. Deste
xeito desbotou á bohemia costumista, a desgana de vivir e os que sufriron
enfermidade ou catástrofe.Os malditos combaten o desencanto do mundo; acaban
aprendendo da decepción. Buscan alternativas ó mundo racional.
Síntense como o Anxo Caído, son adoradores de Satán e se rebelan fronte o
Creador.
Baudelaire,que nunca deixou de ser burgués,e
Rimbaud escollen o malditismo da reprobación. O primeiro tivo unha experiencia
faústica. En As flores do mal vese a
súa concepción da vida.
Rimbaud descendeu ó inferno
literalmente. Durante tres anos intentou chegar á santidade por tódolos meitos:
o soez, as drogas, a violencia,a bebida, a fame,a fuga permamente… Tan
surrealista que o seu amigo quixo asesinalo. Tentou afiliarse ós carlistas e ós
mercenarios holandeses, en ambos foi rechazado, e a lenda negra di que se
dedicou ó trafico de armas. O máis curioso é que cando inmola ó poeta para ser
un filisteo e se entrega ó silencio foi moi precozmente, con tan só vinte anos.
Esto lémbranos á célebre tese de Pavese
que dictaba que os que se decepcionan con trinta primaveras só cren en sí
mesmos ou nin sequera niso.
Artaud é un maldito de libro. Busca
en México o mito do salvaxe mediante
unha experiencia drogodependiente co peyote; quería disolver binomios coma
espazo-tempo ou vida-natureza.
Kurt Cobain, mito do grunge, suicidouse seis meses despois de
visitar a William Burroughs,
figura da Xeración Beat que matou a
súa muller cando xogaba a imitar a Guillermo Tell.
No hay comentarios:
Publicar un comentario