jueves, 1 de diciembre de 2016

A Finca do Espiño

*Recunchos marabillosos de Compostela


Programa Verán en Verde
Promovido polos departamentos de Acción Cultural e Medio Ambiente
do Concello de Santiago (23-8-2016)


      Hai cincuenta anos meu pai ía ás mazás cos seus irmáns. Imita aos pazos da nobreza galega.   Naqueles acostumaba haber xardín para presumir, horta e bosque para obter leña. Este é de comezos do XX, hacia o 1908. O político Ramón Gutiérrez de la Peña Queiruga era o dono da casa ata os anos corenta.Tiña estudos superiores pero cando foi deputado marchou a Madrid. Logo tivo caseiros. En 2001 cómpraa o concello a medias con Labarta. E dez anos despois Conde Roa quixo facer un asilo de luxo. Xa no 2014,tras unha rehabilitación de nove meses, chegou a reapertura.

   Moitas casas indianas tiñan palmeiras canarias como xeito de ostentación. Aquí o que hai é magnolias de follas brillantes. Bastante preto había outro fogar indiano, A Casa Simeón, que hoxe é pensión de autoridades. Daquela ían á cidade en carruaxe.

   En canto a vexetación hai follas de acanto, planta mediterránea que se emprega como motivo decorativo nas columnas. Tamén agapantos africanos. E sabugueiros, recoñecibles por ser árbores con boliñas negras; os ingleses o empregan para facer compotas ou marmeladas; aquí para darlle un sabor afrutado ó viño.
   Hai madeira morta no chan.Fíxose adrede.“É o menú do día das vacalouras na súa fase larvaria”. Os machos destes escarnavois, tamén coñecidos como cervos volantes,teñen cornos para pelexar polas femias.Na entrada hai vellos camelios,con máis de oitenta anos, e plátanos alineados. Estes dan boa sombra no verán e no inverno perden a folla.

   A capela, que era privada, imita ó gótico. Está feita de pedra revestida. O campanario parece un hórreo. Ten un engandido posterior en ladrillo. Había gárgolas de águias. Na parte traseira da igrexa hai un baixorrelevo dun helmo. O arquitecto foi Jesús López do Rego Labarta, xenio do modernismo compostelán que tamén é o artífice da nave de Fenosa e do arquivo actual de Casas Reais.
   A casa ten ese aspecto tan deteriorado porque ardeu dúas veces. Meteron ladrillo nas xanelas para evitar que se abran as fendas.Á beira medra unha araucaria,exemplar como a que hai xunto o Museo do Pobo Galego. Hai gárgolas de cans. Aínda que deberiamos dicir acróteras pois non botan auga para fóra. As familias empreñaban estes animais para demostrar a súa forza e dominio. Pode que un dos cans sexa un cerbero. A coroa familiar miraba cara a cidade. 

   A lagoa artificial é similar á da Granxa do Xesto. Se a auga estivera en circulación non se poría choca. Con cágados e papiros.   No xardín hai algunha planta exótica. Coma hortensias da variedade africana, fucsias, rosas de pitiminí e roseiras trepadoras, que a diferencia das camelias sí cheiran.Houbo tamén buxo a carón do pazo. 
   No horto ornamental hai amorodos,alcachofas, acelgas. Tralo valado vemos caquis, agora verdes, e atrás un texo que medra en ramo.

   No suroeste do parque, que linda co Carme de Abaixo, están as froiteiras

   Hai aves como a garza; axuda que sobre a Casa do Presidente non se pode sobrevoar con avións. Por alí hai dous muros, o orixinal,onde medran tres eucaliptos,e outro posterior do 2006.
   Ocupa a área setentrional o bosque de carballeira protexida. Nótase ben como baixo un carballo baixa a temperatura considerablemente. Houbo que talar poquísimos pois están nun gran estado fitosanitario. Son un cento, a maioría sen verrugóns.  Dan landra, así que como mínimo teñen sesenta anos. Algúns se alteraron á mantenta para que teñan o tronco dividido coma un pantalón. Faise porque así ocupan menos espazo na base e arriba tapan case como un par.

   Hai tamén algún piñeiro, un carballo americano e algún castiñeiro. E no sotobosque moito acivro, o das boliñas de Nadal; as femias desta especie estiveron en perigo de extinción.  O humus de aquí é moi bo e non ten perigo de escorregamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario