lunes, 12 de diciembre de 2016

Teatro do país


Xornadas sobre a Dramaturxia galega
Teatro e crítica literaria (Salón Teatro, 9-12-2016)

  O descanso para o café dilatouse un bocadiño de máis.Zé Paredes presenta os convidados; a mesa,deliberadamente en diagonal, nun recuncho do escenario do Salón Teatro.

   Roi Vidal deuse a coñecer no Galiñeiro, blog que pertencía a Praza Pública pero que se apagou logo dun ano pola precariedade e voluntarismo. “Acudiamos ós espectáculos sen pagar entrada”.Agora volveron a retomalo tras un parón de algúns anos. Tamén escribía en El Faro a cambio de doce euros.

   “É difícil xulgar a compañeiros de profesión. É difícil ser sincero. Ás veces recibimos malas caras, outras sorrisos… O que non recibimos son cartos.   A crítica escénica está mellor ca nunca pero xamais será sa se non é mínimamente profesionalizada”.

  Levamos moitas décadas sen ler teatro na escola.Así,“os mestres, salvo tres ou catro excepcións en Galicia,non están ben formados”.Manuel Lourenzo, premiado co Cunqueiro no 2009, fixo unha das primeiras investigacións sobre a nosa dramaturxia. Nos noventa explotan Cándido Pazo, Gustavo Pernas ou Roberto Salgueiro. Todos varóns.


  Tomou o mando Camilo Franco. Capaz de xerar complicidade con algúns elementos que o escoitan dende o mundo de abaixo. “Teño lumbago. ¡Moito teño sufrido nesas cadeiras!  O meu sistema nervioso é inestable”.  Sempre a falar das súas supostas eivas.


  “Falamos moito e facemos pouco.Non é culpa nosa,nin vosa,nin sequera do presidente. A crítica non pode ser subsidiaria do obxecto do que se fala”. O seu pai era constructor, un oficio práctico. “Ser crítico non ten transcendencia. Está cerca do onanismo”.

   A misión do teatro é analizar a sociedade, divertir, tentar a profundidade filosófica… Para o porvir hai que ollalo que pasa fóra.Facer un exercicio de exixencia. “O postdrama morreu tres minutos despois de nacer. A decoración de decorados non abonda”.

   “Cando o marido de Alaska asina libros no Corte Inglés non podemos dicir que é literatura;do mesmo xeito que si boto unha pachanga de baloncesto non son aínda xogador”.

   Inma López Silva aprecia un progresivo distanciamento da literatura e o espectáculo nos últimos anos.Loa á Revista Grial, pola súa teima en facer crítica teatral.

   “Os críticos optimizamos recursos. Criticamos as pezas que vemos representadas sen ler os textos orixinais.Os que escriben teatro non o fan para o papel,sería decimonónico, senón para as táboas”.Clama pola profesionalización do oficio de dramaturgo. A crítica debe documentar como a sociedade entende as cousas. “Levantamos acta dun momento de cambio do teatro galego”.

   Nos 90 falaban da calidade da lingua, daban importancia ás traducións, reflexan o autóctono… Agora reformularon as súas propostas creativas.  A Xeración Millennial amosa unha nova forma de entender o texto; buscan o postdramático: Intensificación do corpo e movemento ou fractura da noción tradicional do personaxe.

   A Manuel Xestoso tocoulle a difícil papeleta de falar de derradeiro.  “Levanteime de bo humor. A crítica e máis importante que a creación teatral. Non o digo eu, é Kant”. Palpou un retorno ó texto bastante potente. Pero axiña perde o optimismo. “Os que estamos afeitos ó mundo escénico temos a crítica como profesión ou a lo menos como vontade”.A Idade de Ouro,se a houbo, rematou.“Só Inma escribía en 2012 en Tempos Novos unha vez ao mes. E a profesión non protestaba moito”.Dóelle esa falta de rebeldía. Dentro da crítica non só están as de 3000 caracteres,tamén pode haber crónicas, entrevistas, reportaxes…  Manuel Bragado declarou que se publican apenas quince textos teatrais ó ano pero “na Revista Galega de Teatro publicamos outras catro que non constan. Esa porcentaxe amosa unha situación dramática”. Vai maís alá. “Hai un conflicto de identidades. Calquera cousa que leve o apelido galego atópase grandes dificultades”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario