lunes, 28 de diciembre de 2015

O oficio da escrita


Pílulas de sabedoría de Suso de Toro no Obradoiro de escrita "Literatela"
Artigo publicado o 27-12 -2015 en El Faro de Vigo
Texto 300 de horchataenlasvenas.blogspot.com.es

   Escribir é un labor solitario. Temos que cerrala porta para que non nos interrumpan. Marcar territorio. Unha actitude de certa violencia. Coma a masturbación.“Só saía para collelo peixe. Poñía na radio música clásica”. “Son autodidacta.Aprendín seleccionando libros e traballando neles.Hai que sachar no texto”. As obras quedan inacabadas mentres non lles pases o cepillo.

   Un cazador non pode permitirse o luxo de ver unha presa e non ter lista a escopeta. Un escritor debe levar sempre consigo un caderno. Hai que captar as ideas lebres antes de que escapen. “Somos oportunistas, depredadores e voraces”. Hai que copiar as ideas, roubalas. Todo pode ser aproveitable. É lexítimo recolectar ese material de refugallo.

   “Cando un escribe ten cousas doutros autores. Cada un fai a propia selección de temas. Non digas que o teu é comercial,esa é a linguaxe dos adversarios. Ogallá podas envilecerte e gañar moita pasta”. Temos medo de sentirnos humillados. Dóenos a falta de recoñecemento e as críticas negativas. Aínda que teñas o Nobel sempre queda algunha ferida. “O ego do autor non ten cura.”.“O escritor, como o gobernante, ten que ter un sentido mesiánico de sí mesmo”. Cando aínda estás no allo, fas ruido e eres un competidor. Ó morrer a xente toma distancia e tende a mitificarte. “A morte absolve aos vivos”  Xa non é o momento de odiar e rendir contas.
 

   Para facer literatura temos que “monstrolizarnos”. Coidado. Dixo Nietzsche “Quen con monstros loita coide de non convertirse nun deles”. “A literatura nace de algo que nos perturba”.Hai quen escribe para desfogarse pero a misión principal debe ser contar historias. Os actores e os escritores son os únicos que contan experiencias impúdicas.“Somos perigosos para os demais”. Non somos obxectivos.Non traballamos con categorías e ideoloxías senón con casos concretos.

   Traballamos co irracional, a imaxinación e os soños. Non somos científicos nin historiadores. “Non somos xente formal”.Precisamos da literatura como de respirar. É un campo de deliria e loucura que hai que controlar e ordear.É un ritual, un trance, unha viaxe dramática.Podes estar ata case poseído.Moitos fuman ou beben.“Os escritores queremos ese estado de encantamento, como si tomásemos ácido”.“Cansa, queimas moito por revolvelo cerebro e logo tes fame”.

3 comentarios:

  1. Ha, ha e mais ha. Rubén, fixéchesme rir escoitando esas sentencias. Ese tipo fala como un apóstolo da literatura ou cousa así. Grazas por observar, sorrir...e tomar notas. Suso de Toro

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Agarda que aínda quedan moitas frases célebres... O curso foi moi inspirador!

    ResponderEliminar