*O escritor santiagués fala da súa obra literaria.
Nos oitenta
chamábanlle “Sucio de Toro” por esa etiqueta de realismo que se puxo de moda.
“Non nos gustan os críticos porque traballan cun cacho de nós. Somos o lagarto
que está a mudar a camisa. Estamos en risco, expoñendo o noso interior. O noso
monstro é o ridículo”.
Land
Rober escribiuno nunha mesiña de camping. Aínda non construira o seu
espazo. “Fixen aparecer un morto nunha
barra americana para buscar unha solución que interesase o lector”. Un diálogo
de dous irmáns con feridas do pasado. Caín e Abel. A portada de Pepe Barro é
unha chave inglesa. “Moi plástico e moi bruto”. Reflexa a estética industrial.
A crítica foi hostil.
O libro FM: a
canción do Pirata quería reflectir
o espíritu daquela época. Hoxe tería que titulalo Internet. En 1990 escribiu Ambulancia por unha
aposta. Tiña que facelo en quince días pero, como estaba en paro,
animouse.“Disfrutei moitísimo”. A un dos rateiros chamoulle Petete collendo como
referencia a un personaxe da televisión. Estaba namorado de Jim Thompson. “En
España fixérase literatura policiaca que non me parecía convincente”.Non lle
deron premio e,“aínda que doe facelo, melloreina”.Foi moi lida e o editor díxolle “a
ver cando escribes unha de verdade”.
Tic
Tac ten referencias á Biblia, ós mitos…Como tiña problemas de
estructura asesorouse buceando nos borradores de Cela. A sombra cazadora fala
dun mundo moi mediatizado polos medios de comunicación. É unha fábula arcaica herdeira dos comics
franceses. Lembra a Hansel e Gretel,ó mito narcisista de Fausto, a Edipo e a
Teseo.
Calzados
Lola é a historia dun incesto, un fillo morto…O pai aparece fugazmente.
A nai, que se queda na casa,é a dona da historia. Suso inspirouse no Javier
Bardem de Jamón, Jamón; o actor
recoñece que lle gustou esa lectura.”Debeu ser a única vez que fixen un final
feliz.” Foi a casa da súa nai para coller a atmósfera de Non Volvas.”Baseime na
Serra do Barbanza”.
A xénese de Trece
Badaladas é o misterio e o sobrenatural.”Aínda non se vira aquí
Expediente X”. Documéntase con encíclicas do Papa, veu O Exorcista… O espazo físico é Compostela, do que coñece o seu folclore
e mitos. O pantasma que creou era o Mestre Mateo, blasfemo que se enfrontou á
Igrexa, porque non se sabe onde está soterrado. Fausto. Hai un planteamento de
defensa do feminino. Reflexiónase sobre o aceitamento da morte, evitar a loita
agónica.
Morgún
é un achegamento ás epopeas celtas, sagas xermanas e aedos gregos. É unha
literatura arcaica e repetitiva, feita para ser recitada. Hai menos
verosimilitude, en favor dos mitos e a relixión.”Fixen un pastiche.A lgúns dos
pasaxes me quedaron tan naif que me quedo pasmado”.
O Home
sen Nome fala e fala e non precisa que o escoiten.Suso investigou o que
pasa en Santiago no 36.Hemeroteca, fontes orais e conversas con historiadores.
Confeccionou un horario do ocorrido entre o dezasete e o vinteún de agosto.O
concello,de maioría republicana, tiña unha lista cos nomes dos conspiradores. Abriu
esta novela, que lle creou problemas e tensións, cunha cita fermosísima de
Imperio Argentina: “El día que yo nací”.
Cando buscaba
argumentos para Sete palabras cavilou historias que xa sucederan. Fala da súa
familia paterna.Fíxolle comprender porque fixera todo o anterior.“Quen son
eu?”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario