Mesa redonda para escoitar a Diego Ameixeiras
na terraza do Centro Sociocultural A Trisca (12-5-2015)
Diego Ameixeiras
visitou a azotea do Centro Cultural da
Trisca. Á solaina.Na foto do cartel de “Se busca” tiña dez anos menos. Con
panorámica ás torres Hedjuck, ás plantacións de kiwis das monxas e á noria da
Ascensión. Veu falar de novela negra. Berraban máis os nenos no bambán.
Aínda que os gregos
e Shakespeare xa falaran de crimes, o fundador do xénero é Allan Poe. Os que
más o cultivan son os británicos como Conan Doyle ou Agatha Christie.
Teñen patróns comúns como unha morte violenta ao comezo. A moral
burguesa imperante quería que se impartira xustiza se alguén cometía un acto
impuro. Actuaban como pasatempo, consolo ou vacina.O pobo quedaba tranquilo ó
ver que a Scotland Yard resolvía de
xeito“casi máxico”os casos.
Na Gran Depresión xurden autores en USA como
o comunista Hammett ou
Raymond Chandler. “Sacaron o crime do salón victoriano á rúa”. Fan unha fotografía social do seu tempo. Con tramas difíciles de seguir pero narradas
con xeito e personaxes ben construidos. O autor de El sueño eterno dicía que cando non se lle ocurría nada só tiña que
sacar a un home entrando pola porta cunha pistola. Convértense en clásicos en Europa. Gallimard foi a editorial que nos corenta recopilou as obras dos
clásicos americanos e tamén de franceses. Foron os que inventaron a
etiqueta de “novela negra”. Os franceses non diferenciaban entre alta e baixa literatura.
Logo aparecerán novelas dende o prisma do
delincuente. En España despuntan Vázquez Montalbán, co seu Carvalho, ou Andreu
Martín. Crime en Compostela abriu as portas á novela policial en Galicia.
Seguiron ese carreiro Aníbal Malvar,quen “me animou a ler”, Miguel Anxo
Fernández ou Domingo Villar, que acadou gran zona fóra de Galicia co seu
inspector Leo Caldas.
A novela negra
contemporánea ensínanos que a liña entre o xusto é o ilegal é fina. “Caenme mal
os grandes delincuentes que levan garabata”. Ameixeiras evita o narrador intruso
que da moitos detalles. “Non poden pasar vinte páxinas para que un home suba
una escaleira”.
O de Lausanne prefire as historias sen
mensaxe social. Evita transmitir un discurso paternalista. “Hai que
despistar algo o lector, darlle espectativas sen que se de conta”. Admira a
capacidade de Hitchcock
para convertir novelas frouxas en películas lendarias como Los pájaros.
“Non teño un policía de cabeceira” que me
documente. Ambientou moitos dos seus libros en Ourense, a que bautizou
como Oregón.Dime algo Sucio aborda a
pederastia,“delito máis repulpulsivo que se me ocorre”. Escribe
para non ter medo a estar só. Tamén é guionista; ahí non pode ter a mesma
vaidade pois o“director pode destrozar todo de mil maneiras”.
Grande Ameixeiras!
ResponderEliminarFala directo; coas ideas moi claras.
ResponderEliminar