jueves, 21 de mayo de 2015

Filgueira Valverde


Sesión do Ateneo de Santiago  na honra de Xosé Fernando Filgueira Valverde
a cargo de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG (luns, 18-5-2015)


  “¡Que viva Lenin, que viva Carlos Marx, que viva la III Internacional ! ”. O presidente da Real Academia Galega é un comunista que loa a valía dun escritor conservador e profundamente católico. “De cumprir moito máis que o preceuto pascual”.  Non son poucos os vencellos entre Alonso Montero e Filgueira Valverde. Úneos o amor polo galego, “língua das criadas e do noventa por cen da poboación”. Coñeceuno no 1948; o do Lérez foi convidado a un instituto de Vigo polo día do libro para falar de Cervantes. Cando o marxista regresou a Lugo do desterro en Montilla unha das primeiras cartas que recibiu foi de Valverde. Cando Alonso entrou na Academia o pontevedrés foi un dos seus padriños xunto con Ramón Piñeiro e Carlos Casares. “O meu libriño de versos prologouno Filgueira cando xa tiña a saúde moi debilitada”.

   Recibiu maxisterio de Castelao e do persuasivo Antón Losada Diéguez, personalidade máis importante do galleguismo católico de preguerra.  Quedou prendado de Otero Pedrayo nunha conferencia na que o ourensán defendía as esencias da aldea e da etnia de Breogán.

   Investigou a Cantiga CIII de Alfonso X , “a da paxariña”.Converteuse axiña nunha personalidade da lírica galaico-portuguesa do XIII e XIV. Tamén escribiu sobre o arcebispo Xelmírez.

   No 23 funda con Luis Tobío y Fermín Bouza Brey o Seminario de Estudos Galegos. “Foron de peregrinación ó Castro de Ortoño, onde Rosalía pasara a súa infancia, investigaron o Románico preguntaban ós vellos…”

   No 31 tamén cofunda o Partido Galeguista con Castelao, Alexandre Bóveda ou o arquitecto Goméz Román. Eran esencialmente de dereitas.Querían conseguir a autonomía que xa tiña Cataluña e País Vasco. Logran o plebiscito porque hobo un pacto de esquerdas. Filgueira tivo entón problemas de conciencia e abandona. Castelao cargou contra el. Pero Bóveda recoñeceu a súa valía:“onde queira que esteña Filgueira Valverde será un obreiro da causa galega.”

   Un comando falanxista tentou asasinalo en 1937. “Desde o 42 erosiona o edificio intelectual  do franquismo desde dentro”.  Penetrou nas rendixas do penedo franquista. A súa intervención en Cortes ante os procuradores franquistas foi de home pillabán; defende, citando a Martín Sarmiento, que a escola debía humanizarse.  No 48 funda a Editorial Bibliófilos Galegos con Sánchez  Cantón. Convocan un concurso de novela gallega sen especificar as bases concretas para non expresar un signo separatista. A gañadora é a única novela escrita en galego, Xente da Barreira de Carvalho Calero “que non ten a calidade de Scórpio”. Queren traducir ó galego a pensadores como Heidegger ou de línguas céltigas.“Unha labazada no bandullo ó franquismo”.

    O seu amor por Pontevedra foi incondicional. Fixo biografías dos corenta persoeiros máis universais  da cidade. Sitúa a ascendencia de Camoens perto de Baiona. “Fundou o mellor museo provincial de España”.  Como alcalde de “sae na foto da Celulosa pero quen a firmou foi o alcalde anterior e ademais viña imposta polo INI ”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario