Encontro con contadores de historias
no Centro Cultural de Santa Marta (7-5-2015)
Cando morría a
dictadura uruguaia un cura comunista alentou a Soledad Felloza a axudar nun
comedor. Lía Moby Dick ou a Verne e o
contaba o seu xeito.“Non sei si escoitaban. Tiñan fame”.
“Miña avoa dicía que onde plantes unha figueira alí
morres”.Viviu ata os trinta no país charrúa. Amaba tanto a Galicia que cría que
traizoaba o seu berce. Contoulle a Galeano a súa aflicción. Liberouna. “Tes as
raíces alá pero as ramas, que tamén sirven para alimentarse, son galegas”.
“Ser narrador é un
suicidio”. Aínda que conte o mesmo conto nunca o expresa igual. Inflúe o ánimo
que é cambiante. “É como saír a seducir”. Ti sabes cando saes a picar pedra e
tes éxito.
Vai mercando libros
de nenos. Os máis raros. “Traballo coas mans; fun ceramista, fago fotografía,
amaso…” Ten predilección por contar historias de mulleres, sobre todo na cociña
ou no cárcere. “Encántame as historias onde o público queda feito po. ¿Vides
sentir? ¡Toma!”
Cando Paula
Carballeira chega a Santiago entrou na Biblioteca Nova 33. Coñeceu a Xabier Docampo,
que xa tiña sona como contacontos; levouna a un congreso de literatura de
viaxes en Sevilla. “Vou mexar”.Liscou. As historias de Paula funcionaron e
mandáronllas repetir nas escolas. “Ós nenos tes que crearlle as imaxes”. Se un imaxina
un conto para o seu fillo o día seguinte o pícaro quererá escoitalo de novo. Se
olvidas calquera detalle axiña se percatan. ¡Non era así!
Baséase no popular.
Reelabora antoloxías de moitas culturas.Pero cada vez elixe máis relatos
galegos e familiares. “Houbo un tempo en que os cachés estaban ben e podía
vivir do conto”.
“O que queren os
vellos é que fales con eles”; interrumpen máis e da tempo a contar menos. O autor sofre sen un texto. Se o aprendes de
memoria é máis doado que te quedes en branco.
Celso Sanmartín escoitou de mozo as fazañas
vitais da súa avoa. Namorouse de Óscar Wilde.
Os
nenos aprenden miméticamente;non podes dicir na casa“me cago na cona”porque o
repiten na catequesis. Os vellos só escoitan sen falar cando están na misa.“O público
máis exixente son os bébedos”.Sinte un subidón cando a xente, sen percatarse,“xa
está debaixo das tellas”.
“Fáiseme máis
difícil se hai pouca luz e non vexo á xente”. Para ser bos contadores “hainos
que saben aproveitar o intre, que o fan como quen non quere a cousa…” José
Campanari sabe que “como actor podes escudarte tras un personaxe pero contando
historias eres ti mesmo”.O de Lalín disfruta coa reelaboración. “Ás veces os
remendos son máis bonitos que o orixinal”.
Gústalle escoitar
ós anciáns. Como Evaristo Vello do Caurel. Como aquelas catro de chándal de
cores que subiron ao tren en Uxes. Deixa as lecturas e escoita. Ningunha queda
sen falar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario