* Ciclo "Escritoras na Universidade"
Helena Villar Janeiro visita a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (12-III-2025)
En tódolos
libros de Helena hai referencias as súas prantas e postres, o que máis domina é o arroz con leite."Teño boa memoria pero
me quedaron os papeis na casa de Rianxo". "Domino ben a prosa; podo facer unha marabilla dunha trapallada”.
Tamén foi xastra.
Na escola de Maxisterio de Lugo aprendeu a non ser maestra. Unha asignatura de agricultura baseábase en coidar unha pranta. Na Universidade de Santiago había un mestre, Abelardo Moralejo, que de 150 alumnos aprobaba a catro. Chegou a Universidade de Madrid grazas a tres meses de asuntos propios. Na aula había policía secreta. Levaba zocas para andar pola lama.
Juan Ramón Jiménez foi un mestre magnífico pero era dos que te captaba. Nun dos primeiros capítulos de Platero y tú nos que define ó burriñó hoxe pode lerse “era como un niño, como una niña”; eso era imposible nesa época. “Alterar os textos orixinais é improcedente”. E engade “estamos perdidos se temos que desbotar as obras nas que os homes se portan mal coas mulleres”.
Helena cantáballe as Nanas de Juana de Ibarbourou a súa nena pero como estudiou música acabou por traducilas ó galego. Ensinoulle notación o seu fillo que hoxe é un gran músico. María acabou deixando canto e piano. Na escola cando xa sabía ler seguía co silabario para non chamar a atención.
O día que choveu de noite xurdiu dun día no que María tiña que estudar os ósos e choraba porque non os daba memorizado.
Os editores mandan moito na literatura infantil. A Carlos Casares non lle gustaba o título de Unha viaxe a Ondas Mil e ó final houbo que chamarlle Viaxe á Illa Redonda.
Os ilustradores, fundamentais nos libros dos nenos,xeralmante non consultan cos escritores. “Vermiño vivía sóm nunha casa moi curiosa”. A ilustradora confundiuse, non era nunha colmea senón nunha mazá. Casares comentoulle que xa non se podía modificar pois era moi caro. En O avó de Pipa puido escoller a súa ilustradora favorita, Mari Fe Quesada.
Ero e o capitán Creonte tamén ten unha boa anécdota. Cando os seus fillos estaban no Pío XII unha mestra afirmou "Alguén trouxo droga, os nenos tomaron uns caramelos e quedaron dormidos"; o certo é que as súas aulas non eran moi divertidas. O libro fala dun neno sen pai e Abelardo, moi afouto, sabéndose inspirador non o entendía.
Para a voda de papá baseuse nunha historia real. Una nena perderá a súa nai nun accidente de coche. Canda vez que o seu pai, Ramón, estaba cunha rapaza ela choraba pensando que era alguén que ía substituir a súa nai. “As madrastras non teñen por qué ser malas”.
Raúl é un conto dun neno que ten que aprender a dicir que non. “Ninguén falou del. Din que falei de nenas libres pero se non educamos tamén ós nenos estamos perdidos”.
Houbo censura en Un rato na casa, adicado a unha neta. É un animal ó que Helena lle ten moito noxo. No conto un rapaz fai un trato co roedor para deixarlle comida para que non estragase todo. Meteuno nunha caixa e díxolle ós pais que era un hámster. “Non mo permitiron porque a nai saía da casa e deixaba só o neno no fogar. Eu non daba crédito, era todo unha fantasía. Que o neno se quedara só era unha treta para que o conto avance, xa tiña dez anos e doíalle a gorxa. Eu criei a un irmán, catro anos menor, con bronquite crónica”.
Engade unas pinceladas sobre outros libros. Fina a pirata fala dunha nena á que lle cortan unha perna, Alba doutra con síndrome de down. Fuga de Guillermo mestura fantasía e realidade.
A miña neta do medio ten moitísimos libros. Un deles é o dunha toupa cunha merda na cabeza. Non ten ensino moral. Eu non sería quen de escribir iso. O tema e os personaxes non son baladís. O escritor quere transmitir algo. Por exemplo a camelia ten un valor para Pimentel. O literario é artístico, ten que ser estético, polisémico…
Harry Potter, que traduciu ó galego Marilar Aleixandre, ten moita mercadotecnia. “Horrorízame que toda unha xeración quede marcada por un só libro. Os nenos galegos deben ler Cantares Gallegos, a Manuel Antonio, Cunqueiro, Fernandez Paz ou Ledicia Costas… ”
“Son sobre
todo poeta. E, modestia aparte, moi ben feita. Aínda que sexa para nenos ten
que ter perfección”. Quixo facer un
recital sobre a neve en Cuba pero deuse conta e fixo un cambiazo. “Como ían
sentir esa emoción?”