viernes, 6 de diciembre de 2024

Saúde Mental

 

FORO SOBRE SÁUDE MENTAL. Milladoiro (4-XII-2024)


   Hai doce días xuntámonos en Bertamiráns para falar de igualdade. Hoxe escoitamos a políticos e deportistas en Milladoiro, Ames tamén, debater sobre a psique.


   Inés Rey pensa que algunhas doenzas como a ansiedade están máis aceptadas pero noutras como o transtorno de personalidade o estigma segue presente. "Hai que desintoxicarse das benzodiacepinas".

Síntese orgullosa de que na Coruña prohibiron o botellón hai cinco anos. Propuxeron alternativas de ocio saludable. Os bailes de maiores son cada día nun centro distinto. "Cabréanse en agosto porque os monitores están de vacacións".

A Pandemia fixo aflorar a soidade non desexada. Non só ocorre cos vellos senón tamén con moitos mozos pese a estar permanentemente conectados á rede. Nos medios de comunicación está proscrita a palabra suicidio; ás veces empréganse eufemismos para evitar o efecto chamada.

Comenta un caso que se fixo viral. Un home espido que non paga nos restaurantes da Coruña. "Non é un jeta senón un problema de saúde mental, sen rede familiar".


   Goretti Sanmartín pon sobre a mesa un dato sorprendente,no 2023 incrementáronse un 33% as tentativas de suicidio pese que os suicidios non aumentaron.  Aposta polo deporte, o envellecemento activo e combatir as conductas adictivas.

   Paula Fernández, alcaldesa de Silleda, lembra os longos invernos na comarca do Deza. Catro mulleres se quitaron a vida nun concello de 8000 habitantes. Unha das propostas que van a levar a cabo é formar un voluntariado en valores emocionais que chamen e visiten ás persoas que non queren estar soas.


   Esther Pedrosa sentiuse engaiolada na Pandemia. "Cambioume o carácter. Cando comezamos a saír a rúa foi un agasallo de Reis".

"Entrei en barrena porque no atletismo non se xeraban recursos. Tiña que pagarme o meu propio psicólogo". Ela precisaba que lle aportara as ferramentas para ser estable e feliz porque "na competición levas unha mochila moi grande. Tiña que quedar entre as tres primeiras polo diñeiro e polo que a xente esperaba de min". Cre que a alta competición fai aflorar intres de moitísimo estrés, ata casos de esquizofenia.  

Estivo dez anos lonxe do running. Pero cando a súa filla rematou a carreira en Oviedo e propúxose adestrar uniuse a ela. Agora que xa non aspira a ir a uns Xogos disfruta máis. Aínda que este ano estivo escaiolada uns meses tras rompelo maleolo.



   Mañá, como adestrador do equipo nacional, Borja Golán colle un avión para ir a Hong Kong. Compaxinou o squash co fútbol ata os trece anos.

"Os deportistas levamos mal a incertidume. Cando te lesionas non sabes cando podes voltar e podes caer no pozo".  Ademais cando non adestraba cinco ou seis horas ó día a cabeza comezaba a rumiar. "A clave na nosa vida é a motivación". 

Con 24 ou 25 anos comezou a traballar con Juancho Armental. "Fixen unhas vinte sesións con el porque nun momento perdía moitos partidos por tres a dous; despois comezaba a gañalos eu así". Tamén lle axudou conversar con outros deportistas que competían a título individual.

Nos últimos campionatos de España tiña que tomar pílulas para durmir pola presión que tiña de ganar case sempre. A nivel internacional non lle pasaba iso.

O tema da retirada é duro. Dicíalle a súa muller "este é o último ano" e así pasaron cinco. "Hai que pasar un luto. Paseino mal tres meses; adestraba igual pero non daba motivado ós xogadores".


   Moncho Fernández comparte psicólogo con Borja. Pasear, ler, escoitar música e arredarse do deporte axúdao a desconectar. “Creo que son mellor adestrador por ter sido profesor”. Tenta poñer o foco só nas cousas que dependen del. Nas competicións de máximo nivel exacérbanse os problemas psicolóxicos. Moitos xogadores afástanse do seu entorno afectivo e cultural e teñen morriña. É común o autosabotaxe: "Non son quen de chegar!"