*Paseo pola historia do camposanto de Boisaca (19-11-2016)
*Artículo publicado en el diario La Región (12-12-2017)
Información xentileza de Carmela e Susana
( Departamento Educación e Cidadanía do Concello de Santiago)
Tralo problema das miasmas
no País Vasco o Rei promulga en 1787 unha orde para que os cemiterios estivesen
lonxe das cidades e evitar así as pandemias.Ferrol é o primeiro que se adecua
á norma. En Santiago funcionaba daquela
o da Quintana, que absorbía a catro
parroquias. Clausúrase en 1813. Logo
houbo proxectos para A Susana, Almáciga… pero finalmente inaugúrase Bonaval no 47. Xa houbera antes alí un
camposanto de frades.Estaba a extramuros pero moi preto da cidade. Pronto
queda pequeno.
En 1883 xorde o
proxecto das Cancelas, onde hoxe
está o campo de fútbol e o cuartel da Garda Civil.Expópiase a zona de Campo do
Raposo. Faustino Domínguez foi quen fixo o proxecto para a portada. Pero hai un
troco na normativa. Antes non se podía remover a terra en 5 anos e agora pasa a
ser cada 20. Acábase cambiando de idea.
Dende fins do XIX,
cara o 1892, fálase do Monte de Boisaca. Mariano
Fernández Rangel é o arquitecto que fai o plano.Pero todo quedou paralizado
ata o ano 34.
É moi recente.
Inaugúrase en marzo daquel ano.Pensemos que o da Coruña ten máis de douscentos
anos. Ó principio había problemas coa drenaxe, salvo nunha zona de pedregal;
había brañas e moitas tumbas se inundaban.
Hai peticións de clausura durante o primeiro ano. As cartas da prensa
falan de “lagoa dos corvos”. Non era
querido. Tamén influía que había moita distancia desde a cidade para ir
andando. Abriuse ó bruto, nen sequera se plantaran árbores. Tiña que haber zonas
verdes e moito máis tarde se puxeron unhas parras. Son 6 hectáreas,8 se
incluimos as áreas de estacionamento.
Teñamos en conta que a clausura oficial de Bonaval non é ata 1973 e ata
os anos oitenta houbo traslado de restos.
Hai outras
necrópoles vivas na cidade. A Cofradía do Rosario ten permiso para
contar cun pequeno camposanto en Bonabal. É hai outros dous privados que están
contiguos, Venerable Orden Terceira
e o de San Francisco.
A tipoloxía de
Boisaca axústase aos cemiterios da época. Os grandes muros de pedra tiñan que
superar os dous metros de alto para evitar profanacións. Hai dúas portas de
ferro con cadeados. Tiñan que ter
servizos para dous sepultureiros e espazo para persoas non católicas.
Hai unha rúa
principal onde están os panteóns, aberta no 47, e varias secundarias. O
cruceiro é do 50; ten o xemelgo xunto a entrada a Bonaval. Traballaron
arquitectos do modernismo e eclecticismo. Algúns vinculados ós que fixeran os
chalets da Rosa.
No 36 e durante a
guerra houbo fusilamentos. Hai
constancia de que pasearon alomenos a 78 persoas de Santiago e da
contorna:Ordes, Negreira, Noia… Ademais dos regueiros de sangue houbo tamén
mulleres detidas por levarlle flores os seus difuntos.
A capela é do 38
pero a bendición oficial prodúxose un ano despois. Hoxe podemos dicir que
Boisaca é de carácter municipal aínda
que non o pon. Ata despois do franquismo é eminentemente católico. Pensemos nos
pináculos con cruces, clara alegoría da ascensión ó ceo. No XIX eran habituais
as inscripcións de alpha e omega.Aquí
hainos,as veces con crismóns no medio.
No Xardín dos Ilustres
están Aurelio Aguirre, poeta compostelán que morreu no 58, Valle Inclán, Díaz
Pardo, Antón Fraguas e Pablo Pérez Constanti, arquiveiro máis importante do
concello. Aínda que hai outros mortos significativos como Carlos Maside, Ramón
Piñeiro ou o escultor Suso León.
Entre os insignes
non hai ningunha muller. Hai unha
cripta dos García de la Riva,
fundadores do Banco Simeón. Están tamén
os da familia de Fernández Albor e
da saga Bescansa. Imita a un templo
grego con pronaos e anxo trompeteiro. Para facelo seguiron o modelo dun
boxeador de Santiago ao que Lavandeira lle fixera unhas fotos.O escultor foi Cástor
Lata Montoiro. Este discípulo de Asorey fixo unha escultura do arzobispo
Rajoy que está dentro do concello.
Entre as lápidas,
adquisicións por noventa e nove anos, destacan as que non son escuras.José Cao Lata,pupilo tamén de
Asorey,fixo a sepultura da muller e do fillo do seu mestre. O
escultor do Monte do Gozo tamén recibiu o encargo da tumba do comunista Gumersindo Costoya.
A única obra
recoñecida de Asorey leva granito
rosa de Mondoñedo. A destinataria foi a que daquela fora Miss Santiago e incluso
Miss Galicia.
Hai gustos diversos
para os motivos. Anxos de cemento e resina, reloxos alados, símbolos do
frenético fluír do tempo, caveiras, amapolas, tipoloxías de pirámides en
ascensión… Hai capiteis con follas de carballo e landras, como exemplo da nosa
vexetación.
Genaro Tarrío é un ferreiro de
Compostela que traballou en Entrerrúas. A súa tumba ten reixas, arcos apuntados
e farois, símbolo dos difuntos.
Outra das tumbas é
a de Salvador Parga Pondal, quen
fora director da Biblioteca da Universidade.
Gracias a
iniciativa do Ateneo, a Asociación O Galo e do finado Nacho Mirás fíxose unha
nova sepultura das Marías.O proxecto
é de Xerardo Estévez e o arquitecto foi o mozo Manu García. Preto delas están
os irmáns Fandiño Ricart.
A última tipoloxía
é o sistema de nichos, co que se
aproveitan os muros perimetrais. Empézase a usar a principios do XIX en Madrid
por mérito de Juan de Villanueva.
O nicho de Ramón Mutxaraz é de cor marrón. Ten como pequenos petroglifos. Trátase dun psiquiatra de Conxo que pretendía
que os internos sociabilizasen máis coa xente; non foi recoñecido e tivo que
emigrar. Tambén foi membro da UPG.
Noutro nicho está Cástor Lata,
mestre e imaxineiro relixioso nado en Aríns do que xa falamos.
Os cinceiros son
nichos máis pequenos.Nun deles están as cinzas de Jimena Fernández de la Vega,que foi a primeira muller que estudou
na Universidade de Santiago xunto coa súa irmá xemelga Elisa.A súa sobriña María
Teresa foi vicepresidenta con Zapatero.
A outra rúa dos
panteóns é dos anos noventa.Son coma templos clásicos. Algúns contan con boas
vidrieiras feitas por Tejedor.
A sepultura do
xornalista Diego Bernal ten un
epitafio que deixou escrito. A obra é do Obradoiro da Picaraña.
Un finado moi
querido era Yuma, artista do Circo de los Muchachos que nos deixou no
verán do 2014 aos 57 anos.
Ricardo Carballo Calero, do que hoxe
conservamos unha escultura xunto a Alameda, ten un nicho moi humilde.
A do Barquilleiro, fallecido no 2007, conta
coa fotografía do seu símbolo.
O busto de José Pasín ía facelo Asorey. E como
tiña moito traballo fíxoo o seu discípulo Eduardo
Parrado, que tiña un obradoiro no Barrio de Santa Marta. Pasín foi o
primeiro concelleiro obreiro; chegou a ser tenente alcalde no 34. Fora tamén
ebanista no taller de Lavandeira. Estivo primeiro soterrado en Bonaval. Quería
un enterro civil e non llo aceptaban; alí só había unha pequena selva con dous
musulmáns e un que se suicidou. Pasín ten dous fillos enterrados tamén en
Boisaca.
Durante o
Franquismo o cemiterio civil, que se
atopa preto do actual tanatorio, estaba separado.
A sepultura do
mestre de oficios González del Blanco
está ornamentada con anxos trompeteiros.Tiña unha casa con esculturas na rúa da
Rosa.
Hai un panteón militar do bando nacional
cercado cunha cadea.
A tumba de Roberto Vidal Bolaño é unha lousa de pedra sen símbolos relixiosos.
O primeiro ano deixábanlle un paquete de Ducados
e unha Estrella Galicia.
Agustín Sixto Seco ten un sinxelo e
bonito epitafio. O médico traumatólogo fora impulsor da Asociación Rosalía de
Castro.
Eduardo Parrado fixo a de Antonio Novo
Campelo, que antes estivera soterrado en Bonaval.Tamén é o artífice da de Salvador García Bodaño Fernández, pai
do presidente do Ateneo de Santiago; o sepulcro caracterízase por ter uns
coxíns que simulan os das tumbas medievais.
Manuel López Garabal foi o marido da
pintora Concha Vázquez. Fixo as
tumbas de Diego Bernal, cuxa familia
tiña a Ferretería El Yunque, e da familia López
Pol; un dos membros desta saga,Raimundo,fora o alcalde da cidade cando se
inaugura o camposanto.
Na parte alta,
preto da capela, hai dous pavillóns abandonados nos anos vinte. Eran as
vivendas para o sepultureiro e o capelán. O canteiro de Cuntis tivo moitos
problemas para cobrar a obra.