miércoles, 4 de enero de 2017

Galicia cotiá



-Unha visita guiada 
pola Exposición GALICIA CEN




   Uns dous anos tardaron en compilar tódolos obxectos da mostra. O equipo comisariado por Manuel Gago ten o propósito de “contar a cultura de Galicia, non a súa historia.”Un país verde con cerca de catro mil parroquias. Con humidade, morriña, inxenio e idiosincrasia de seu.


   O vaso campaniforme sería coma “o primeiro deseño industrial”. Hai uns 4500 anos. Posiblemente levaban alimentos nos enxovais funerarios.  Este atopouse en As Pontes. 

  Moitos dos machados de talón que apareceron na cornisa cantábrica non foran usados. Un xeito de almacenar bronce.Unha pre-moeda en sociedades que xa estaban en continuo intercambio.
   Unha espada do Ulla tipo Isorna que se recuperou na Ponte de Catoira hai 3000 anos.  O puñal de antenas era unha arma que empregaban os guerreiros galegos antes dos romanos.Un torque era unha xoia da Europa Atlántica que se colgaba do pescozo. Esta provén do Pino e se remonta a finais do II a.C. Convértese nun axouxere.

   A moeda más antiga de Galicia é o Dupondio e circulaba cara o 25 a.C.  Andaban daquela os romanos inmersos nas Guerras Cántabras. Por un lado o símbolo da negociación e polo outro o da victoria.   Hai outra moeda na exposición. A de Requiario, primeiro rei suevo, da metade do século V. Polo outro envés tiña a imaxe dun emperador como para darlle maior verosimilitude.

   Na mostra tamén hai un xugo de hai mil anos.  Remontámonos ás orixes da cidade de Compostela polo que “podería ser o da Raíña Lupa”. É moi extrano que se conservara porque en Galicia os solos son acedos. Houbo a sorte de que apareceu nun foxo de fango.
   O Xadrez de San Rosendo foi tallado no XII nos reinos musulmáns do sur da Península Ibérica.
   O Foro do Burgo de Caldelas, do XIII, é un dos primeiros textos en galego. Emprestouno o Palacio de Liria.

   Os tombos son libros medievais que se gardaban nos mosteiros que contiñan información sobre as rendas da terra… “Como un ordenador do Medievo”. Este exemplar é de Toxos Outos.

   A Mariscala é a cadea de ferro forxado que apresou a Pardo de Cela antes da súa execución en 1483 polos Reis Católicos.

   En Galicia só entraron dous exércitos, o romano e o francés.  O napoleónico, na súa fuxida, deixou atrás dous canóns,Chillón e Íntegro, na igrexa do Pilar de Santiago.
   A máquina de escribir Yost número 10 a empregaba Emilia Pardo Bazán que tiña artrite.
   Perfecto Feijóo deulle unha imaxe icónica á gaita a cabalo do século XIX ao XX. Tamén é coñecido por selo boticario que tiña o loro Ravachol en Pontevedra.
   Nos anos dez e vinte había en Bos Aires centos de discos de lousa da música galega.

   Na Bandeira das Irmandades da Fala de Betanzos distínguese ben a fouce.Defendían e puñan en xusto valor a nosa lingua.  Grazas o seu traballo apróbase o Estatuto de Autonomía de 1936.
   Aquí está o mosquetón que levaba Foucellas cando foi asasinado.  Galicia foi o sitio máis reactivo da guerrilla.

   O Consello de Galicia facía as veces de goberno galego no exilio durante o franquismo,  O súa bandeira, tecida por mans republicanas,envolveu o féretro de Castelao.

   Isaac Díaz Pardo recupera os Cantares de Cego. Reflexa, como fixera Luís Seoane, a muller soa pola emigración.No cartel exposto unha criada mata a súa ama pois lera unha historia na prensa que era xusto ó revés.  O certo era que os indianos invertían en educación para que Galicia non tivese que recurrir á emigración.   Manolo Rivas fala de ata 300 escolas fundadas por eles.
   Gago presume de que a Bata vermella Goa de Amancio Ortega Gaona non pudo ser rescatada nin para a exposición “Confío Galicia”do Gaiás. “Así comezou o Imperio Inditex”.  A prenda fetiche, que se atopou nunha tenda de Porto do Son, remóntase ós setenta. GOA non eran máis que as siglas o revés do emprendedor.
   A queimada non é un ritual ancestral. O seu conxuro, unha perfomance colectiva, é un “producto pop”. Os emigrantes construiron con ela a súa identidade.Dubídase se os iniciadores son uns curas a fins do XIX ou uns soldados galegos na fronte de Madrid. Un home da Pobra o patentou.  Manuel Fraga recibiu a visitas ilustres coma Fidel ou Helmut Kohl con queimada.

   Os vasos de Buño arredor dunha cacerola simbolizan unha celebración sen xerarquías.

   “Hai que ser un xenio para vender auga en Galicia no XIX”. Mondariz, vinculado co balneario, foi capaz de crear unha marca con iniciativas como convidar escritores. Estrella Galicia,pola súa banda, se vinculou con Sargadelos e Díaz Pardo para asociar a súa marca co local.

   A primeira edición do Ulysses do Pazo de Trasalba. Comprouna Otero Predayo en Paris. Logo o ourensán faría unha tradución que foi publicada en 1926.

   Nos Pazos Galegos había escudos heráldicos. A fidalguía era a intermediaria entre o pobo e as clases altas. Baseábanse nas rendas. Empregaban medidas como o ferrado; por riba pasaban a rebola, un pau para rasar as medidas.
   Nas reixas do Pazo de Baión protestaban as mulleres contra narcotraficantes como Laureano Oubiña. Logo retornou para a sociedade civil.

   O arcón permitiu introducir o peixe no rural galego nos anos 70.

   Alexandro de Fisterra foi o que inventou un dos modelos do futbolín. O que aquí temos é antigo. “Xogan o Dépor contra o Madrid, quizais nun Teresa Herrera”.
   O Xabarín, diseñado por MiguelAnxo Prado, marcou a infancia de moitos galegos que non chegan ós corenta anos. Un programa infantil que popularizou a música desenfadada en galego.  Moitos falsificaban a idade para que os seguisen felicitando en antena.  O porco bravo xa aparecía na heráldica da Familia Andrade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario