martes, 10 de enero de 2017

Derradeira morada

*Paseo pola historia do camposanto de Boisaca (19-11-2016)

*Artículo publicado en el diario La Región (12-12-2017)

Información xentileza de Carmela e Susana
( Departamento Educación e Cidadanía do Concello de Santiago)



   Tralo problema das miasmas no País Vasco o Rei promulga en 1787 unha orde para que os cemiterios estivesen lonxe das cidades e evitar así as pandemias.Ferrol é o primeiro que se adecua á norma.  En Santiago funcionaba daquela o da Quintana, que absorbía a catro parroquias. Clausúrase en 1813.  Logo houbo proxectos para A Susana, Almáciga… pero finalmente inaugúrase Bonaval no 47. Xa houbera antes alí un camposanto de frades.Estaba a extramuros pero moi preto da cidade. Pronto queda pequeno.

   En 1883 xorde o proxecto das Cancelas, onde hoxe está o campo de fútbol e o cuartel da Garda Civil.Expópiase a zona de Campo do Raposo. Faustino Domínguez foi quen fixo o proxecto para a portada. Pero hai un troco na normativa. Antes non se podía remover a terra en 5 anos e agora pasa a ser cada 20. Acábase cambiando de idea.

   Dende fins do XIX, cara o 1892, fálase do Monte de Boisaca. Mariano Fernández Rangel é o arquitecto que fai o plano.Pero todo quedou paralizado ata o ano 34.

   É moi recente. Inaugúrase en marzo daquel ano.Pensemos que o da Coruña ten máis de douscentos anos. Ó principio había problemas coa drenaxe, salvo nunha zona de pedregal; había brañas e moitas tumbas se inundaban.  Hai peticións de clausura durante o primeiro ano. As cartas da prensa falan de “lagoa dos corvos”. Non era querido. Tamén influía que había moita distancia desde a cidade para ir andando. Abriuse ó bruto, nen sequera se plantaran árbores. Tiña que haber zonas verdes e moito máis tarde se puxeron unhas parras. Son 6 hectáreas,8 se incluimos as áreas de estacionamento.    Teñamos en conta que a clausura oficial de Bonaval non é ata 1973 e ata os anos oitenta houbo traslado de restos.

   Hai outras necrópoles vivas na cidade. A Cofradía do Rosario ten permiso para contar cun pequeno camposanto en Bonabal. É hai outros dous privados que están contiguos, Venerable Orden Terceira e o de San Francisco.

   A tipoloxía de Boisaca axústase aos cemiterios da época. Os grandes muros de pedra tiñan que superar os dous metros de alto para evitar profanacións. Hai dúas portas de ferro con cadeados.  Tiñan que ter servizos para dous sepultureiros e espazo para persoas non católicas.

   Hai unha rúa principal onde están os panteóns, aberta no 47, e varias secundarias. O cruceiro é do 50; ten o xemelgo xunto a entrada a Bonaval. Traballaron arquitectos do modernismo e eclecticismo. Algúns vinculados ós que fixeran os chalets da Rosa.
   No 36 e durante a guerra houbo fusilamentos. Hai constancia de que pasearon  alomenos a 78 persoas de Santiago e da contorna:Ordes, Negreira, Noia…   Ademais dos regueiros de sangue houbo tamén mulleres detidas por levarlle flores os seus difuntos.
   A capela é do 38 pero a bendición oficial prodúxose un ano despois. Hoxe podemos dicir que Boisaca é de carácter municipal aínda que non o pon. Ata despois do franquismo é eminentemente católico. Pensemos nos pináculos con cruces, clara alegoría da ascensión ó ceo. No XIX eran habituais as inscripcións de alpha e omega.Aquí hainos,as veces con crismóns no medio.
   




















   No Xardín dos Ilustres están Aurelio Aguirre, poeta compostelán que morreu no 58, Valle Inclán, Díaz Pardo, Antón Fraguas e Pablo Pérez Constanti, arquiveiro máis importante do concello. Aínda que hai outros mortos significativos como Carlos Maside, Ramón Piñeiro ou o escultor Suso León.
   Entre os insignes non hai ningunha muller.   Hai unha cripta dos García de la Riva, fundadores do Banco Simeón.  Están tamén os da familia de Fernández Albor e da saga Bescansa. Imita a un templo grego con pronaos e anxo trompeteiro. Para facelo seguiron o modelo dun boxeador de Santiago ao que Lavandeira lle fixera unhas fotos.O escultor foi Cástor Lata Montoiro. Este discípulo de Asorey fixo unha escultura do arzobispo Rajoy que está dentro do concello.
   Entre as lápidas, adquisicións por noventa e nove anos, destacan as que non son escuras.José Cao Lata,pupilo tamén de Asorey,fixo a sepultura da muller e do fillo do seu mestreO escultor do Monte do Gozo tamén recibiu o encargo da tumba do comunista Gumersindo Costoya.
   A única obra recoñecida de Asorey leva granito rosa de Mondoñedo. A destinataria foi a que daquela fora Miss Santiago e incluso Miss Galicia.

   Hai gustos diversos para os motivos. Anxos de cemento e resina, reloxos alados, símbolos do frenético fluír do tempo, caveiras, amapolas, tipoloxías de pirámides en ascensión… Hai capiteis con follas de carballo e landras, como exemplo da nosa vexetación.
   Genaro Tarrío é un ferreiro de Compostela que traballou en Entrerrúas. A súa tumba ten reixas, arcos apuntados e farois, símbolo dos difuntos.
   Outra das tumbas é a de Salvador Parga Pondal, quen fora director da Biblioteca da Universidade. 
   Gracias a iniciativa do Ateneo, a Asociación O Galo e do finado Nacho Mirás fíxose unha nova sepultura das Marías.O proxecto é de Xerardo Estévez e o arquitecto foi o mozo Manu García. Preto delas están os irmáns Fandiño Ricart.
   A última tipoloxía é o sistema de nichos, co que se aproveitan os muros perimetrais. Empézase a usar a principios do XIX en Madrid por mérito de Juan de Villanueva.

   O nicho de Ramón Mutxaraz é de cor marrón. Ten como pequenos petroglifos.  Trátase dun psiquiatra de Conxo que pretendía que os internos sociabilizasen máis coa xente; non foi recoñecido e tivo que emigrar. Tambén foi membro da UPG.   Noutro nicho está Cástor Lata, mestre e imaxineiro relixioso nado en Aríns do que xa falamos.
   Os cinceiros son nichos máis pequenos.Nun deles están as cinzas de Jimena Fernández de la Vega,que foi a primeira muller que estudou na Universidade de Santiago xunto coa súa irmá xemelga Elisa.A súa sobriña María Teresa foi vicepresidenta con Zapatero.
   A outra rúa dos panteóns é dos anos noventa.Son coma templos clásicos. Algúns contan con boas vidrieiras feitas por Tejedor.
   A sepultura do xornalista Diego Bernal ten un epitafio que deixou escrito. A obra é do Obradoiro da Picaraña.

   Un finado moi querido era Yuma, artista do Circo de los Muchachos que nos deixou no verán do 2014 aos 57 anos.
   Ricardo Carballo Calero, do que hoxe conservamos unha escultura xunto a Alameda, ten un nicho moi humilde.

   A do Barquilleiro, fallecido no 2007, conta coa fotografía do seu símbolo.
   O busto de José Pasín ía facelo Asorey. E como tiña moito traballo fíxoo o seu discípulo Eduardo Parrado, que tiña un obradoiro no Barrio de Santa Marta. Pasín foi o primeiro concelleiro obreiro; chegou a ser tenente alcalde no 34. Fora tamén ebanista no taller de Lavandeira. Estivo primeiro soterrado en Bonaval. Quería un enterro civil e non llo aceptaban; alí só había unha pequena selva con dous musulmáns e un que se suicidou. Pasín ten dous fillos enterrados tamén en Boisaca.
   Durante o Franquismo o cemiterio civil, que se atopa preto do actual tanatorio, estaba separado.

   A sepultura do mestre de oficios González del Blanco está ornamentada con anxos trompeteiros.Tiña unha casa con esculturas na rúa da Rosa.
   Hai un panteón militar do bando nacional cercado cunha cadea.

   A tumba de Roberto Vidal Bolaño é unha lousa de pedra sen símbolos relixiosos. O primeiro ano deixábanlle un paquete de Ducados e unha Estrella Galicia
   Agustín Sixto Seco ten un sinxelo e bonito epitafio. O médico traumatólogo fora impulsor da Asociación Rosalía de Castro.
   Eduardo Parrado fixo a de Antonio Novo Campelo, que antes estivera soterrado en Bonaval.Tamén é o artífice da de Salvador García Bodaño Fernández, pai do presidente do Ateneo de Santiago; o sepulcro caracterízase por ter uns coxíns que simulan os das tumbas medievais.
   Manuel López Garabal foi o marido da pintora Concha Vázquez. Fixo as tumbas de Diego Bernal, cuxa familia tiña a Ferretería El Yunque, e da familia López Pol; un dos membros desta saga,Raimundo,fora o alcalde da cidade cando se inaugura o camposanto.


   Na parte alta, preto da capela, hai dous pavillóns abandonados nos anos vinte. Eran as vivendas para o sepultureiro e o capelán. O canteiro de Cuntis tivo moitos problemas para cobrar a obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario