sábado, 17 de octubre de 2015

O Cuco de Lourizán

Exposición sobre Montero Ríos no Pazo de Fonseca

   O home que Ramón Villares alcumou como o Segundo Apóstol naceu en 1832 na rúa dos Xazmíns. Abandonou o Seminario pero sempre será un católico practicante. Obtivo sobresaliente en bacharel e licenciouse en xurisprudencia con Premio Extraordinario. En 1860 gañou a cátedra de Disciplina Eclesiástica en Oviedo pero axiña conseguiu traslado para a Universidade de Santiago. Cinco anos despois foi a Universidade Central de Madrid.  
   Trala morte de Prim fixo un retiro temporal para adicarse á avogacía e docencia. Non aceptou a proclamación da I República. Durante a Restauración converteuse en líder liberal con “feudo clientelar”en Santiago. Foi contrario á Constitución de 1876. E durante os primeiros anos de Alfonso XII non o aceptaba porque consideraba que representaba a continuidade da inestable época isabelina. En realidade, era máis antiborbónico que antimonárquico. En 1881 regresa como deputado. Logo foi ministro de Fomento durante o goberno sagastino. Máis honores. En 1888 foi nomeado presidente do Tribunal Supremo e en 1889 senador vitalicio.

   Os pilares da súa ideoloxía son catolicismo e liberdade.O autor da lei de matrimonio civil sempre defendeu a separación de Igrexa e Estado. Durante a II Cuestión Universitaria, non aceptou o ensino confesional que se pretendía. Logo será vicerreitor da Institución Libre de Enseñanza que creou Giner de los Ríos. 

   En 1870 logrou,desde o seu cargo de ministro de Graza e Xustiza,a subvención que permitiría rematar a construcción do ferrocarril en 1873.A rede a xestionaría John Trullock, avó de Cela.

   Para o Tratado de París a rexente buscou “un patriota abnegado”. Era un cometido envelenado, moderar as negociacións da derrota. Declarou:“¿Quién mató al Meco? Todos lo matamos”.

   Loitou moito por recuperar a enerxía que perdera no XIX a súa cidade natal. Converteuse no Protector de Compostela. Invertiu aquí en edificios civiles con cartos de Madrid.  Conseguiu do Ministerio de Fomento a aprobación de proxecto de reforma do edificio da Universidade; o arquitecto basouse na Universidade de Budapest e incluíase unha alegoría obra do escultor compostelán Ramón Nuñez. Conseguiu que se implantase en 1882 a carreira de veterinaria, materia indispensable nunha rexión agrícola e gandeira;a primeira sede será desa Escola será no edificio de San Clemente pero a comezos do XX trasládase ao bordo da rúa do Hórreo.  Tamén se interesou pola creación dunha nova sede para o Colexio de Cegos e Xordomudos; as obras van de 1910 ata 1925 pero, a dicir verdade, case non foi ocupado polos seus inquilinos; foi cuartel, centro educativo, hospital e hoxe a Xunta de Galicia.

   A Exposición Rexional Galega celebrouse de xullo a novembro de 1909; aínda que promovida pola Liga dos Amigos de Santiago foi impulsada polo Prócer.  Colonizouse un espazo onde logo se implantaría a Cidade Universitaria. Se falou dos avances en ciencia, cultura, industria, comercio… Espertou o sentimento colectivo de identidade e conciencia galega.

   Celebrou as vodas de oro en 1912 no Pazo de Lourizán. A súa residencia de verán, de mobiliario rococó, tiña un escudo labrado en pedra que poñía as siglas “MR”e onde se representa un libro e unha pluma.Viñeron hópedes ilustres como Roselló ou a rexente María Cristina. Daquela escoitábase que o Xurisconsulto tiña as chaves das dispensas e da despensa.

 
   Finou o 12 de maio do 1914 en Madrid. O rei Alfonso XIII dispuso que os funerais se celebrasen na Basílica de San Francisco El Grande. Logo levaron o seu corpo por tren a Pontevedra e o enterraron na cripta de Lourizán.  A propia viuva, Avelina Villegas, chegou a solicitar a anulación do proxecto do emprazamento da estatua en Compostela; o motivo, as airosas disputas entre partidarios e detractores,que veían na escultura un símbolo do caciquismo. Outros crían que se profanaba a plaza.De esas polémicas antimonteristas debuxou Castelao.Venceu a cordura. Déronlle tamén o seu nome á rúa que daba incio por entón ó Ensanche nos Agros da Carreira.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario