Suso de Toro presenta "Fóra de si" no Festigal
xunto con Ledicia Costas (27-VII-2019)
Ledicia Costas coñeceu
a Suso de Toro hai case 25 anos. Daquela
mandáronlle ler A sombra cazadora.
Adorou moitas das súas experimentais obras. Tiña de paga 500 pesetas e case non
saía de casa para poder aforrar. Pero houbo una crise. Prestou varios libros que non lle devolveron.A
segunda crise foi cando De Toro deixou de publicar novela. A reconciliación foi
en 2015 coincidindo coa entrada do compostelán en twitter. Coñeceu ó ser
político.
Emprega esquemas
despregables e frechas.“Cos anos somos máis repugnantes e temos máis manías”.
Sempre fuxiu dos escritores bos, algúns Premio Nobel, nos que o protagonista
non é a historia ou a narración senón o autor mesmo. Admira a Faulkner e a
Clarice Lispector e é debedor de Samuel Beckett que escribía voces. “Quero que
as miñas novelas se lean de corrido, gústanme as de suspense”.
Xa en Land Rover contaba o que facían os
personaxes sen xulgalos nin dar interpretacións. Tic-Tac é de xénero. Unha crítica a masculinidade.
A violencia brota
dun modo natural.En Non volvas falou
da da represión franquista contra as mulleres. E doutro tema tabú. “E se as
vítimas cobran viganza? É un delito pero
é lexítimo.”
Home sen nome rescata ós represores de
Santiago. Quen matou a Ánxel Casal? Fixo investigación oral. Falou coa familia
Baltar . Adianta unha primicia. “Volvín coincidir con eles e quero escribir
algo fantaseando o menos posible. A xente que permaneceu aquí e mantivo a
dignidade merece ser recordada”.
Cre que os seus
mellores froitos son A Sombra Cazadora e Sete palabras.Aquí investiga sobre a
historia familiar. “Son fillo de emigrantes.Case sempre viaxo da cidade á aldea
pero miña nai fixo o camiño á inversa. Meu pai veu desde Zamora. Cambiaron o
galego polo castelán”.
Fóra de si carece de voz narradora na
concepción clásica. Só diálogos e monólogos. “ O protagonista tropeza nunha
masculinidade estereotipada que existe, que está na páxina de sucesos. Con
misoxinia e homofobia. Quería facer un
libro exixente pero os personaxes comezaron a facer cousas estrambóticas.
Facíanme rir”.Hai escatoloxía e comportamentos turbios.
“Eu nunca sei o
final da historia, ó revés do que dixeches ti de Infamia, senón non me divirto. Só sei o conflito. Os personaxes
teñen vida propia. Andan ceibos. Agora
teño una novela parada. Eles non paran de falar na cama. Namoráronse neste
período de barbeito”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario