30 anos da tradución de Alicia en el país de las maravillas ao galego.
Nexos convida a Teresa Barro (5-11- 2015)
Publicado hoxe en El Faro de Vigo (9-11-2015)
Con quince anos
pasou dos contos á literatura. O seu pai conseguiu os poemas de Curros en
follas mecanografiadas. Foi a unha libraría de Cantón Grande e mercou as obras
completas de Rosalía. “Namoroume”. Coñeceu
unha lingua fermosa tras ir cada verán á zona de As Pontes. “Como meterse cos
nativos”.Foi a estudiar a Madrid e coñeceu a Ramón Piñeiro, “persoeiro singular
que nunca renunciou a ser do rural”. Alcumouna “Anxo do galeguismo”· Logo
emigrou á cidade do Támesis,onde hoxe reside.
Mirando de reollo para acá. Desde Albión para Galiza.
En 1983 Luis
Mariño, director de Xerais, encomendoulle a Teresa Barro e o seu marido Fernando
Pérez Barreiro a tradución da obra de Carroll ó galego. Era todo un reto. Non era nada doado
responder a esos malabarismos lingüísticos, xogos de palabras, bromas… Por
exemplo, aparece a canción popular Twinkle,
twinkle litle star, que tódolos nenos ingleses aprenden de moi novos; nin en
Galicia nin en España hai un exemplo igual. Pero Teresa tivo un soño profético
aquela noite.E non é unha licencia poética. Un coello branco viña correndo e
berraba “Que tarde se me fai”. Só podía ser unha mensaxe das forzas cómicas.
Dividiron o
traballo. Ela abordou a prosa e Fernando os versos. El tivo máis choio en Al otro lado del espejo.Así foi o seu
pasar pola vida,esixente e entregado á experiencia poética. Molesto cos que so
seguían a formula,é dicir,os que lle“daban á manivela”.Finou en xaneiro do 2010;
nesa primavera contactaron con Teresa os que organizan agora a Exposición de
Nova York.
No limiar afirman
que manteñen a “fidelidade creadora”. Carroll, lóxico e matemático,quería que
as traducións ó alemán e francés fosen fidedignas. “Traducir é como interpretar
unha partitura musical”. Non é transcribir. É unha arte que non se pode facer
de maneira mecánica. En moitos países non tiñan algún dos animais dos que se
fala e tiveron que buscar outros.
Alicia pertence a
unha boa familia. É educada e expresiva. Afouta. Enfróntase con todos sen fuxir
de ninguén. Segue o código da educación. É cortés aínda que lle respondan mal.O
prototipo da liberdade e curiosidade.É un clásico á altura de Shakespeare. Incorporouse
á psique e ó inconsciente da lingua inglesa, cultura que tende á excentralidade. Exerceu influxos
ata en The Beatles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario