martes, 17 de noviembre de 2015

Orson Welles, o director

Artículo creado a partir de conferencia de Xosé Nogueira Otero en Os Luns do Ateneo

   Non é verdade que Orson Welles chegou o cumio do cine sen ter experiencia previa.Con apenas dezanove anos xa experimenta con The heart of age, unha cinta de apenas oito minutos. Rodouna en apenas dúas horas para divertirse unha tarde de domingo. El mesmo aparece caracterizado como a morte. Xoga co expresionismo alemán e coa iconografía burlesca. É unha parodia La sangre de un poeta que dirixira Jean Cocteau dous anos atrás.

   A partir dunha comedia de Gillete construe Too Much Johnson. É un largometraxe de sesenta e sete minutos que emplea acusados contrapicados. Hai traizóns,celos e cambios de personalidade. Unha tormenta de vento funciona como metáfora da paixón. Piruetas, caídas e persecucións. A filmación apareceu hai dous anos en Italia e traballouse na súa restauración.

   No 39 RKO lle ofrece un contrato nunca visto. A productora se reservaba o dereito a rexeitar as propostas de Welles que lle parecesen controvertidas. Esto ocorreu en duas ocasións; na adaptación da novela El corazón de las tinieblas de Joseph Conrad,proxecto que estaba bastante avanzado que xa se diseñaran xa as maquetas.  Se vinculaba ó Señor Kurtz con Hitler. Ademais pretendía rodar moito en exteriores o que encarecía os orzamentos. O segundo descarte foi The Smiler With a Knife, considerado por RKO como un tema moi banal.

   Finalmente optan por unha historia orixinal.Herman Mankiewicz escribe a primeira versión de Ciudadano Kane. Welles puliuna o seu xeito.  De súpeto, demostra a súa precocidade con un proxecto antisistema. É un falso biopic. Está inspirada no magnate Willian Randolph Hearst, que fixo campaña contra o filme. A súa interpretación dun home tan decrépito é xenial, non só na apariencia senón tamén na maneira de falar e camiñar. Quería mostrar a megalomanía e a cobiza de poder. Fai un retrato no que o espectador reconstrue a imaxe de Kane por testemuñas e declaracións dos personaxes que o coñeceron.

   O clásico vólvese barroco. Por exemplo, fai un noticiario fake que parodia The March of Time da CBS onde el traballara. Racha a linealidade, emprega imaxes ilusorias, bota olladas ambiguas. Co gran angular deforma o espazo. Así, oprime ós personaxes e disimula os micrófonos, co que pode crear un novo espazo sonoro.   A Diligencia de John Ford influelle no emprego de teitos baixos.  De feito, capta o seu director de fotografía, Gregg Toland, co que comparte créditos ó final de película.  Tamén mostra adoración por Hitchock; o zoom inicial de achegamento ó pobo é calcado o de Rebeca.  É o desenlace, investigadores que non resolven o caso, lembra a Inocencia y Juventud. Orson, autodidacta e atrevido, chegou a afirmar “Comecei no cumio de Hollywood e logo so puiden ir para abaixo ”.

   Moitos pensan que El Extraño é unha obra menor pero ten un  gran reparto. Fala dun nazi agochado en Conneticut que se fai pasar por un mestre. Empregou unha técnica inédita, o uso de imaxes reais dos campos de concentración.

   La dama de Sanghái,con míticas escenas de espellos, é un axuste de contas con Hollywood. Racha co star system pois a muller fatal é humillada.Era Rita Hayworth, coa que se ía a separar.



   Os planos secuencia de Sed de mal son adiantados ó seu tempo.Orson é un antiheroe corrupto e ambiguo. Para algúns garda un mensaxe fascista, outros ven a decadencia do capitalismo. Nótanse influencias do director Sacha Guitry. Era un gran coñecedor das vangardas europeas.


 
 
   Abordou a triloxía shakesperiana.En Macbeth traballa por libre cunha productora de serie B. Incorpora un relixioso que non existe no orixinal. En tres anos por Europa consigue filmar un maxestuoso Othello sen presións de productores. O resultado, a Palma de Oro en Cannes.  Campanadas a media noche remexe catro obras do británico.  O productor español Emiliano Piedra lle permitiu pasar de doce semanas de rodaxe ao dobre. Aparece a Casa de Campo de Madrid.  Hai un personaxe que é o alter ego de Welles, vividor e creativo, que é abandonado polo poder.
   Un dos proxectos que non chega a rematar é o Don Quijote. Aquí vese claro como máis cas historias lle interesan os personaxes. Pero non a súa moral senón as loitas polo poder. Montouna Jesús Franco pero “mellor imos esquecer o resultado”.

   Fraude é un filme testamentario deste prestidixitador aínda que non sexa o último. Trasmite o bricolaxe caníbal de Welles, a súa teima por reutilizar materiais. Reflexiona sobre os falsificadores e embaucadores e remata facendo un alegato polo anonimato dos artistas. Algo paradóxico se lembramos cando ao remate de El Cuarto Mandamiento unha voz en off enfatiza quen escribiu e dirixiu a peli.

   Nos rodaxes abusaba da improvisión, incluso varias veces nun mesmo día. “Cada día, cada hora, un vese modificado polos ollos dunha actriz, por como está o sol”.  Pero o verdadeiro concepto cinematográfico está na montaxe.Podería estar montando un filme indefinidamente.

   Hai que derribar a falsa lenda de que era un vago que non remataba os proxectos. Sí que é certo que a obra inacabada configura un corpus casi tan grande como a estrenada. Dependía dos ingresos e entón traballaba a salto de mata. Morreu aos setenta anos dun infarto cando tentaba rematar catro proxectos a un tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario