Información obtida a partir da conferencia de Xosé Nogueira Otero
en Os Luns do Ateneo de Santiago.
en Os Luns do Ateneo de Santiago.
Artista poliédrico.
Pero tamén no aspecto: Físico masivo e corpulento, barba, increíble voz… Unha
actividade frenética e fulgurante de bulimia artística. Aos dezaseis anos xa
traballou en Dublín como actor, debuxante e adaptador. Voltou a Estados Unidos
coa ilusión de convertirse en actor. Pero tamén escribiu ensaios, facía
publicidade…
No 36,no medio da
Gran Depresión, o productor John Houseman ofrécelle traballo como director
teatral que subvencionaba o goberno.Atreveuse con Voodoo Macbeth, onde o
protagonista é un negro de Haití. É un renovador. A menor das súas preocupacións
sempre foi a fidelidade ós textos orixinais.Lle prohíben montar unha peza
basada na obra dun comunista. Tim Robbins evocará esta situación en Abajo el telón. En Fausto illa ós personaxes con vestimentas negras. Desde 1938, coa
compañía de teatro Mercury monta 50 espectáculos en dous anos.
O de Wisconsin rompe
os códigos éticos na radio, medio que só tiña vinte anos de vida. Na CBS emprega
efectos sonoros, incorpora a linguaxe xornalística… Un artista multimedia. Para conseguir profundidade fai énfase nos
silencios e bandas sonoras.
A víspera de
Halloween do 38 lembrarase como un fito na historia da radio.Adapta en directo
La guerra de los mundos,novela de ciencia
ficción de H.G. Wells. Conta co compositor Bernard Herrmann, que fará partituras para Hitchcock nos anos cincuenta.
Tamén co recoñecido guionista Howard Koch que logo gañaría o Óscar por Casablanca. Moitos oíntes tomaron por certa a
retransmisión e creían que os marcianos invadiran a Terra. Welles viuse
obrigado a convocar unha roda de prensa “Espero que se sintan aliviados”. Converteuse
no wonder boy.
Welles trata o cine
como drama pero a pequena pantalla é conto e relato. Foi memorable a súa
intervención televisiva no show de Dean Martin mentres recita o mercader de
Venecia.
Conseguía aportalle
a súa personalidade os traballos nos que se mergullaba como actor. El tercer hombre parece asinada polo
propio Welles, que xa era unha estrela internacional. Empregaba eses cartos para seguir
financiándose, sobre todo no seu periplo europeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario