Análise do epistolario do artista:
[Correspondencia 1928-1958] Cartas inéditas e dispersas
Publicado en La Opinión (31-7-2015)e Faro de Vigo (1-8-2015)
Cívico, laico e demócrata. Sensible,
solidario e reflexivo. Representaba a Europa e á modernidade. Un Kafka á
galega. O epistolario que sae á luz fala dunha nación propia e identitaria.Unha
xeración na que moitos foron perseguidos, ignorados no mellor dos casos.A hora
do desagravio.
Pagou fonda peaxe por dignificar o valores
autóctonos. Tralo golpe do 36 perde o posto de mestre.Sufriu un doloroso exilio
interior. Daquela contacta cos mozos Ventura Cores e Salvador García Bodaño. Esther
Rodriguez Losada reclama unha lembranza anual en Boisaca para quen foi nexo entre
Díaz Pardo e Valle Inclán, co que departía nos faladoiros do Derby e El
Español.
Nin perdeu o humor cando estivo na cadea
tres meses tras participar nun manifesto republicano. “Continúo hospedado, no
sé si por un par de días o de meses,en este confortable hotel”.
Foi un dos nove intelectuais que asinou unha
carta de felicitación a Lorca pola estrea de Bodas de Sangre no 33.O ano anterior o andaluz regaláralle o seu
coetáneo un libro de arte exipcio.
Otero Pedrayo, vello admirador de Maside,
agradecelle así un presente “As palabras vanse. Poden ter unha beleza de
momento, deixan case sempre sede, amargore e indifrenza. A pintura non morre”.
Álvaro Cunqueiro emprega maiúsculas para definir a pintura do de Pontecesures.
“VERAZ E VERDADEIRA, resultado d´unha búsqueda apoixada e difícil”.
Un agarimoso Dieste escrebe dende o seu
cargo na Universidade de Cambridge “estos años de ausencia no suponen para
mí-tú ya lo sabes-un corte, una laguna; tendremos muchas cosas que
comunicarnos, que no caben en las cartas”. Ánxel Fole,cálido,fala das
temperaturas invernais de Lugo “eiquí o clima é bravo. Búscase a calefacción
como pan. Por iso vexo tres ou catro películas cada semá, sin pensar moito se
son malas ou boas”.Tamén hai tempo para
a lectura “Agora estou co Merlín, do amigo Cunqueiro.Está ben. Tan inxernioso,
gracioso e vivaz coma sempre.”
Discúlpase con Manuel Antonio por demorarse
en diseñala portada do libro De catro a
catro. “Non che pido perdón polo retraso porque non merezo perdón: a
preguiza é o meu verdugo”.
Laxeiro recoñece que“la naturaleza me dio un poco de maña para el dibujo y las pinceladas, me la negó para esto de las letras”.Acostumaba a mandar cartos á súa familia dende Arxentina e pídelle como favor a Carlos que deixe a Luisa “algún dinero, la cantidad que sea”para que non pasen carencias no Nadal.
Nunha misiva Colmeiro lle comunica que o seleccionaron para ilustrar unha escolma de poemas de Curros Enríquez. Asorey confesa as súas sospeitas sobre a Escola de Artes “todo este profesorado no está por oposición sino por el favor caciquil”.
Unha das últimas cartas é para Díaz
Pardo,que estaba a por en marcha a Fábrica da Magdalena preto de Buenos Aires.
“Un dos pouquiños amigos verdadeiros.O ceo é gris oscuro. O vento fala e
láiase.Os líquens visten as pedras.Estoume poñendo sentimental. Pechemos o
interruptor”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario