jueves, 9 de abril de 2015

Sen dor non hai gloria

Vivencias da andaina de Niñóns a Ponteceso (5-4-2015)
Camiño dos Faros promovido polos Trasnos

“A cerveza ao rematar é a mellor do mundo” promete no bus a rapaza de Corme para darnos folgos. Arrincamos na praia de Niñóns.Axiña a peregrinación percorre pola ladeira. Cheirume a eucalipto. Tramos onde o acantilado está a un só metro.Un atleta adianta con dificultade a nosa fileira de formigas. As nosas tebras se reflicten na area. Platónico.

   Arame de espiño verde impide o acceso ó outeiro.O día D. Un cabalo roibo ó galope.“¡Moito persoal!”esgrime o dono. A flor do toxo tiñe a paisaxe de marelo. Aínda hai lama neste día soleado.Calzar deportivas non era a mellor opción.Trala Praia de A Barda o ascenso é durísimo.“Unha penitencia” para unha das mozas. Os cans téñeno máis doado con catro apoios.


   Un enxeñeiro forestal acercase para amosarme como a flor do narciso olla para si; de ahí o dito. No parque eólico un letreiro avisa que permacecer a súa beira é perigoso se cae un raio. ¿Onde van os cempés mouros da estrada?


   Suso Lista agarda polos camiñantes no Faro Roncudo, “onde todo o que chegaba, fora bo ou malo viña polo mar”. Os náufragos daban vida.Falan de cento cincuenta mortos na última centuria. Por algo é a Costa da Morte. Dúas cruces brancas lembran a memoria dun pai e o seu fillo, que ía por vez primeira a faenar.O percebeiro lembra as miserias que pasaban.“Ata o esterco se vendía”. Iban ós percebes as mulleres, as de sesenta e cinco e as preñas de oito meses. Ó principio so os comían os pobres pois precisaba só un minuto de fervor; pouca leña ghastaba.


   Na exixente ascensión ó Monte da Facha cheira a terra seca.Os maiores din á xuventude “Vos diante”.En Valarés nos recibe unha araña oxidada. Un membro dos Trasnos, con brazalete laranxa, impide que ningún curioso se mergulle na area nas dunas de Monte Blanco. Desde o malecón do Couto o sol non abandona a escena. Ponteceso aínda semella un espellismo.    


   A casa de Pondal,bardo nacido a carón do Anllóns, fíxoa o pai cos aforros da Arxentina. A andaina morre cunha festa de despedida.Paella para eles. Lentellas para os máis acougados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario