lunes, 20 de abril de 2015

Polis

Ciclo Nexos "As cidades imaxinadas" (18-4-2015)
Xerardo Estévez e Gallego Jorreto explican a súa idea de cidade.

   Dous arquitectos de renome aterrizaron no Gaiás. Jorreto tenlle“un gran respecto a Eisenman pero a súa arquitectura non me interesa nada“. O de Carballiño queixase da falta de funcionalidade e comodidade do complexo e da reverberación do auditorio. Xerardo Estévez eloxia que a Cidade da Cultura teña una arquitectura orográfica que complementa un monte que pertencera á Caixa de Aforros da Coruña. Copiar o rueiro da améndoa foi unha idea conservadora. Cre que se aplican a conexión coa autopista o volumen de visitantes a Compostela será menor.

   O alcalde chegou ó concello no 79. “Non tiñamos nada de caste; éramos xenerosos, dialécticos, emprendedores, con ganas de recuperar o pasado… Aínda sonaban tambores militares”.

   “Os escritores fixeron máis pola cidade que os urbanistas”. Admira a Baudelaire, Whitman, Dickens ou Platón, “aínda que ten loucuras sobre a gobernación”.Cada urbe necesita un relato.

   “Santiago é a cidade que mellor manexa a topografía do mundo”.A vexetación que afeaba a Catedral era “verdinegra”para Valente e“parduzca”segundo Rosalía.“Torrente e García Bodaño chegan á alma de Compostela”.A zona vella hoxe está salvada. Pero non hai caer en iniciativas como “o Zara de turno, hoteis con encanto ou aparcamentos turísticos. Eso é chuvia miúda”.

   “Compostela é vangarda e sosego”, a urbe que amou e odiou Lutero. Estévez gábase de que o Auditorio de Galicia e o Campus Norte deron pulo ó Polígono de Vite. Álvaro Siza foi o arquitecto axeitado para Bonabal. O luso dicía que so había que “pasar a vasoira”. Ubícase xunto a errática rúa Valle Inclán e a carón do Museo do Pobo Galego “que explica o que fumos”.

   O home que ideou Cineuropa vislumbra vida pasaxeira ás Smart Cities. A arquitectura é o que ocurre cunha obra pasados dez anos, como propuxera Tusquets. O perenne problema é  a “sempre farragosa normativa”.

   O rei vai tódolos anos a entregar premios a cidades do norte pola súa sostenibilidade. Nunca en Galicia “¿Qué nos pasou?” “Para vivir mellor destrozamos o país”.A Galicia favoreceulle que está lonxe e o clima.“Sabemos cales son as paisaxes de culto pero desde Franco tamén fixemos paisaxes de frustración”;un exemplo disto sería a entrada dos peregrinos polo Camiño Francés.

 

   Gallego Jorreto, medio século como profesional, recibiu influencias do estructuralismo,o pensamento postmoderno e o pálpito da vida da poesía. Obsesiónase pola metamorfose. “O que cambiou a arquitectura foi o ascensor”di con sorna. “Continuamente o home muda o xa construido para volver a insuflar vida”.  “Santiago irremediablemente cambia; as chimeneas xa non botan fume”. Se o casco vello se enche de xente de fóra perderá identidade. A Galicia costeira conforma co norte de Portugal a cidade atlántica, onde hai diálogo entre urbano e rural.  
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario