lunes, 19 de agosto de 2013

A humildade de Chano



*Conferencia del nadador paralímpico Chano Rodríguez
  en el Centro Cultural del Ensanche de Santiago.


*Artículo publicado por EL FARO DE VIGO (4-6-2013)


Foi a primeira pregunta. O pasado máis oscuro de Sebastián saía de novo á luz. Non oculta que pertenceu nos anos oitenta ós Grapo. “Estiven alí metido. Foi pouco tempo. Non ten nada que ver co que son agora. Antes só vía branco ou negro”. Acusado dun asasinato, pasou moitos anos no cárcere. Unha folga de fame para reivindicar o traslado doutros presos a una mesma cadea conlevou a perda de movilidade nas súas pernas. Ese é o punto de partida.

Atrás quedaba un neno con dezaseis irmáns que só quería coñecer mundo. Un rapaz gaditano que embarca en Vigo ós doce anos porque alí mandaron ó pai que traballaba nunha empresa navieira. Tanto lle gustaba navegar ó pequeno que de adolescente se anima a ir a Sudáfrica.

O deporte foi a catarsis. “Fai que o corpo xenere endorfinas, que é heroína pura. Non é so ocio senón tamén educación ou sociabilidade”. Empezou a xogar ó basket en cadeira de rodas.

Pronto se decantou pola piscina. Debido a paraplexía necesita técnica e sobre todo forza. Tan teimudo e disciplinado que se ergue cada día ás cinco da mañá para adestrar a lo menos catro horas diarias. “Os meus adestradores din que recibo ordes coma un Avatar”. As recuperacións non son rápidas debido os seus cinuenta e cinco anos. “Todos os deportistas convivimos coa dor ”. Así, está operado do ombreiro dereito e ten quen facelo tamén co esquerdo. Ademáis continuamente se disculpa polo “oído algo duro de pasar tanto o tempo baixo o auga”.

Tras dezaseis preseas, das que pouco se xacta, hai moito esforzo. “Eu son moi pouco competitivo. Non vou a pisar a ninguén ”.Completou as travesías dende Cíes e Ons ata Vigo. E non parará ata cumprir a súa teima de nadar desde Sálvora. Nos éxitos son vitais o apoio da xente e a forza mental,como a que lle inculcou o psicólogo compostelán Suso Carballeiro.Chano foi quen de cargarlle as pilas a un mancebo Moncho Fernández para que continuase como preparador.


O xentío que ateigou o Centro Cultural do Ensanche valorou o recato do vendedor de cupóns. Éxito do proxecto de dinamización línguistica que ideou Rubén Riós. O nadador admite gazapos co galego pero “aínda o falo máis nos avións.Non ocupa sitio na maleta”. Coa meta de que cada comida na Vila Olímpica sexa con nacionalidades distintas ata que inicie a competición.



No hay comentarios:

Publicar un comentario