IX Edición de "Café con ..."
Organizado por Galantiqua y Mareiras Espacio de Arte
en el AC Palacio del Carmen
Organizado por Galantiqua y Mareiras Espacio de Arte
en el AC Palacio del Carmen
Monterroso aporta
solemnidade. O seu don. As perfomances xurden desde a II Guerra en Estados
Unidos e se consagran co Movemento Fluxus. O que interesa é a interacción entre
autor e público. É moi teatral, de posta en escena. Todas as artes poden coincidir
e ninguna é inferior ás demais. A Escola Bauhaus enfatiza os obradoiros
textiles e de marionetas.Non interesa o acto senón o proceso de execución. Hai
espectadores que non están cómodos á expectativa, sen coñecer cando chega o
fin.Poden tratar temas sensibles que violenten a nosa carga atávica.
A artista sarda Mónica Mura síntese libre coas performances. “Podo estar
triste,alegre, caerse algo…¡É como a vida mesma!”.Afincada en Compostela,
sorprendeulle o sincretismo de santos con meigas. A primeira vez que viu un hórreo pensou que
era unha tumba familiar. “Os cruceiros en principio me molestaban,lles collín
cariño e logo me pasaron desapercibidos”.
Enganchouse á terra onde a chuvia se mestura co pole, ás olas da Lanzada.
Os castros lémbranlles os nuraghes.E as figas de azabache non son moi
distintas das de coral vermello de Alghero.
Rafa Quintía é
rotundo. “Falar de pobos primitivos debería estar penado”. A tradición flue.
Non é un fósil.É un bricolaxe, como os mitos de Lévi-Strauss. Hai que verse
reflectido nos outros. Os bereberes do Atlas fan filloas e empanada, tocan o
pandeiro e a gaita; e por si fose pouco, colgan trísceles nas portas e teñen dolmens,mámoas
e petroglifos. “Os galegos somos raros,
peculiares e fronteirizos. Os que non saben si subimos ou baixamos son os
demais. Facemos un análise DAFO en décimas de segundo”. Respondemos cunha
pregunta para obter máis información.Somos un pobo que da o primeiro bico a
carón dun cemiterio, que fala dos desaparecidos… Aquí o home vai vivir a
parroquia da muller,que é a dona da facenda e soe ser, a diferencia de Euskadi,
a que herda. “Todos vimos da aldea e o que di que non, peor para el”.
Soledad Felloza
sabe que as paisanas falan máis a gusto na cociña, “recuncho sagrado onde falan
co corazón na man”.Escoita lendas de ninfas ou de Poemana, deusa dos cabalos.
“A queimada é maravillosa, aínda que sexa un invento de hai cincuenta anos”.
Ía levar ovos a Santa Clara pero o conxuro milagreiro conseguiu que non chovera
pinga algunha nas dúas semanas do Festival Atlántica. A uruguaia teno claro; “cambiarei
de marido, de Galicia non”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario