jueves, 25 de junio de 2015

Olvido


 (…)

É amiga, sí. Non te podería dicir o que significo eu para ela. Unha personaxe dos pes á cabeza.

(…)

Haberá uns anos. Nos tempos da facultade. A súa personalidade inimitable cautivoume.  Só ver como se despedía da xente, casi fancendo reverencias, parecíame do máis divertida.

(…)

Moi, moi cariñosa. Tiña morriña dos pais que vivían lonxe. Moita. Eran velliños xa. A cotío contactaba cos eles a través da rede. Paréceme, eso é cousa miña, que sufría de velos tan decrépitos.

(…)

Non o debería dicir pero xa que estamos en confianza… Non pasaba moito baixo da ducha. Por aforrar. Ou por comodidade . Pero tampouco desprendía cheirume algún. Gustábame burlarme de ela por este motivo. Tampouco mudaba moito a vestimenta. Dificultades pasaría pero nunca ninguén lle oiu queixa. Victimismo cero. Nin tiña envexa cando os outros iban de tendas.

(…)

Se digo a verdade non o crerías. Tiven que ver o seu documento nacional. Parecía moito máis xoven do que era. Nin cremas nin ximnasio. O segredo, pouca exposición solar. No inverno, podías vela en mangas de camisa baixo dunha chuviscada. Hai xente que non soporta os paraugas.  Non teño constancia de que fora víctima de gripes nin resfriados. ¿Non ves como é xenuina?

(…)

Recorría grandes distancias a pe. Por aforrar. “A carreiriña dun can”. Como si lle dera vergoña pedir que a levasen. Non quería quedar a deber con ninguén. Estaba afeita ós paseos. Acabaría o Camiño de Santiago dende Sarria sen sudar. 

(…)

Agarrada coma un catalán na costa de xaneiro. Ás veces viña con extraños presentes. Ben sabía eu que eran cousas que lle deran ou se apoderada delas dalgún xeito. Espero que non fose mercancía roubada.  Non me invitou a un café en todos aqueles anos.  Aproveitaba tódolos papeles que chegaban as súas mans. A cartilla do paro, unha factura do chan ou o cartón das latas de bebida…

(.)

¡Espera un anaco! Tamén é certo que non se sabía moi ben de que vivía. Algún extra facía de cando en vez. Pero traballos demasiado esporádicos como para subsistir só con eles.Non sei se lle enviaban cartos, se acudía a asociación benéficas… Non quero especular moito con iso.

(…)

Xa, xa. Tes toda a razón. Gustábamos de colarnos en piscolabis.  Lembro unha vez na que vimos una parella de novios baixando pola Algalia de arriba.  Bastou unha mirada cómplice. Nin sequera vestíamos de xeito elegante pero arriscamos. Paraban en cada esquina para unha nova foto do seu día.   Seguímolos ata o Hostal dos Católicos.  Alí estábamos coas tostas de salmón, os pinchos de ananás con queixo do país e demais manxares.  Viño do Ribeiro.  Enchiamos o bandullo de gula. Aviseina de que debíamos desaparecer. Pasado un anaco eran moitos os que miraban para nos. ¡Fora de xogo! Forzamos de máis e un camarero invitounos a marchar.  Deume unha vergoña atroz.  ¡E así mil e unha falcatruadas!

 (…)

¡Vaia cambio de tema! Esa é a súa faceta máis polémica. Supoño que é o que máis che interesa. A ver como o digo… Tiña mozo pero gustáballe asumir máis retos. Algo case compulsivo. Non sei se por afán de risco e aventura, búsqueda de sexo novidoso ou necesidade de mimo. Carne e esquecemento.

(…)

Fíxate o que te conto. Non é a primeria vez que me fai as beiras. Ben sabe que teño moza. Non é un problema para ela.

(…)

Bailaba no fío da navalla. Cando non lle conviña responder argallaba calquera evasiva. O caso era salva-lo pelexo.  Remordimento ningún.

 (…)

Penso que a súa parella sabía todo pero miraba pa outro lado. Como si acadase certa estabilidade e non se quixera baixar de ahí. E era un rapaz pudiente, con moitas posibilidades. Dous mundos. Por certo, ¿Non será aquel que está a aparcar ahí o seu deportivo?  Como poderás comprender téñote de deixar. Penso que xa tes información dabondo. Disto que te falei nin mu. Rogaría confidencialidade e que me pagaras o acordado tan pronto como podas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario