martes, 10 de septiembre de 2019

Mulleres de negro


*Coloquio sobre Novela Negra na Feria do Libro de A Coruña (1-8-2019)


   Arantza Portabales é interventora. Escribo para escapar da rutina.Empezou como microrelatista. “Describo pouco. Teño que facer das miñas eivas as miñas afoutezas”.

   “Eu son pragmática es estou moi apegada á realidade. Fixen o esforzo de facer un conto de mouras para contarlle ós nenos. E convencín que no ano 2018 había catro mulleres que falaban cun contestador automático como xa ninguén o fai”.

     “As escritoras do norte temos a nube pendurada e somos máis escuras”. En Beleza vermella hai seis personaxes que uns sospeitan dos outros; están todos no xardín dunha urbanización nun ambiente claustrofóbico. A ausencia de espazo pode axudar á historia.   O horror atrae. Cita o exemplo do caso Julen. “Se un no colexio ten meninxite sempre pensamos se o noso tamén o ten”.  Se o tren do Alvia fose en Rusia non sentiriamos o terror tan preto.  Tamén reconforta que o escritor pense por nós”.


   María Oruña exerceu dez anos como avogada laboralista.“Non baixaba a calabozos”.

   “A etiqueta de novela negra diluise. O mundo cambiou nos últimos 50 anos. Os psicó-logos din que a novela negra é unha forma de ter controlado o mal. Case sempre pillan ao malo. É un xeito de conseguir o equilibrio,algo que na vida non é posible”. Entreter ó
lector é dificilísimo.“A veces non se nos considera alta literatura;¡ é algo moi inxusto!”.

   “As novelas son un xogo. Escribo híbrido:histórico,intimista,negro,misterio”. Son fantasiosa, peliculeira” pero “non creo na maxia nin nos espíritus. Penso que son un fraude para o lector”. Ambientou as súas novelas en Cantabria, de onde é a súa familia paterna. Debería ser nomeada filla predilecta de Suances. “Non me preguntedes se a paisaxe é un personaxe máis”. 



   En Infamia Ledicia Costas céntrase no abuso dos nenos, do poder… Temas moi sensibles. “Quería afondar na psicoloxía dos personaxes. Quería facer un thiller psicolóxico. Púxenlle Merlo pero realmente é Beade.   Onde me criei en liberdade dende os 6 aos 14 anos.  As miñas amizades máis potentes son de esa época”.

    Interesada polo lado máis perverso do ser humano como xa fixera en Un animal chamado Néboa.  Marcada por casos como o de Marta del Castillo. “Son hipersensible e valoro moito as emocións”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario