martes, 20 de noviembre de 2018

Pegadas tristeiras


Caera a noite. Manolo servía no tren do magosto. Unha ringleira ben feita á espera. Non me gustan as castañas. Fuxín da Améndoa, do xentío.  As rúas foron perdendo luz. E comercios. E ruído.O da chatarra guindou un ferro do lixo para o seu camión. O seu cadelo deixou un agasallo no medio da calzada.  Un bar de mala morte.  Un gato sen ollo e sen dono. Unha árbore sen follas. E un camiño entre pensamentos.  De cando en vez unha ollada ás costas para ver se alguén me segue.  Que é iso?Un neno bebe auga dos charcos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario