viernes, 11 de mayo de 2018

Nada que dicir


*Faladoiro da Facultade de Xonalismo sobre o piso das maquetas grises
Con Anxos Fazáns, que mañá cumpre 26 anos, e Ángel Santos (8-5-2018)

   Jabois escribiu A estación violenta con menos de vinte anos.Metafórico e poético. Co seu gusto polos poetas franceses e o romanticismo de Fitzgerald. Xa o primeiro parágrafo arranca con nostalxia. Hai poucos diálogos explícitos. Mestura continuamente pasado e presente. Hai linealidade temporal pero non é obvia.Trae lembranzas, como cando pescaba co seu avó.

   “A película está bastante disociada da novela. Jabois permitiunos reescribir con liberdade”. comenta Ángel Santos; “ás veces un se cansa de escoitar a súa voz; cando colles un material alleo descobres outros camiños”. Ó director de Las altas presiones gústalle plantear tódolos conflitos como nunha novela do XIX. Prefire ó principio escribir de máis para logo ir desbrozando.  “Un traballo de contraimaxinación”.

  Houbo catro guionistas.Un deles é Dani Froiz,da produtora Matriuska.Outro foi Xacobe Casas, ó que Jabois lle adicara a novela.“Propuña cousas moi alocadas e interesantes”para Ángel. Anxos estivo un ano co texto.Na biblioteca para concentrarse.Quedaba  o casting e as localizacións.

   Está ambientada entre Pontevedra, Santiago e San Vicente.  “Non me gusta escribir sobre espazos abstractos senón sobre itinerarios concretos” opina Santos.” A novela ás veces parece Compostela, outras Sevilla, cheira a azahar, ou Los Ángeles. Hai palmeiras e peregrinos”.


   Unha das temáticas principais é falar dunha xeración cun futuro desolador. Sen estabilidade laboral. Con moita frustración.

   A novela transmite moita sensualidade non explícita. Anxos, na liña de Nan Goldin, interésase polo choque dos corpos e a tensión física. Ángel é máis pudoroso.   Arranca a película e todos se ispen,rebrincan e se bañan na praia. Todo moi onírico. A música xera un ton tristeiro;  “algo non vai ben”.   Logo hai unha elipse e un tipo desorientado no sofá.

   Manuel na novela non ten nome. Está en primeira persoa. Funciona ben así co nome do autor. Está estancado.Falto de aloumiño e amor propio. O seu presente é unha rutina decadente, con moita nocturnidade.  “Ía ser Tamar Novas pero non acababa de funcionar ben”. Houbo dúas alternativas. Alberto Rolán fixo a proba. Liou un cigarro, bebeu a cervexa e fitou para as adolescentes que saían da piscina. “Encandiloume. Sen ser tan técnico transmite moito”.

   Claudia é un personaxe idealizado. O celme de todo. As súas costas marcan o comezo, todo un presaxio. Defínese cando afirma “ás veces penso que non morrín a tempo”. Nerea Barros é a única actriz que está desde o proxecto inicial. Xa traballara en Area, curto do ano anterior.
   David pasa de ser deportista  a músico. É o que se queda coa rapaza. “Son fan de Xosé Barato desde Historias de Galicia e Cuarto sen ascensor. Non é forte físicamente pero ten serenidade na mirada” confesa Anxos.

   Cando os tres se reencontran tiñan moito que dicirse pero hai moitos silencios e frialdade.  Ahí ven o título da obra que alude ao verán que pasaron xuntos.Hai que aprender a querer ós tres protagonistas; “son idiotas e egoístas”.  Contrarrestan a negatividade da tríade Antía, que non existía no libro, e Daniela; esta é a irmá de David que para Jabois era máis frívola e agora queda abraiada cos maiores cando é máis madura ca eles. “Esta interpretada por Laura, que é cantante. Un descubrimento. Axúdalle a súa falta de ego”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario