Claves de lectura de Maña, cando sexamos luns
*Notas tomadas da presentación do libro de Xaquín Núñez en Follas Novas (27-II-26)
Tamén da visita guiada polos lugares nos que se ambienta a novela
e o coloquio posterior na Feira do Libro de Compostela (3-V-26)
É unha novela negra e social. Ambientada en Compostela como Sarela de Marga Tojo. "É un poema de amor a esta cidade. Hai moito de min. E nada". Hai un certo aroma melancólico. "Mergúllase nas entrañas do noso tempo". Cunha estructura moi cinematográfica. O primeiro capítulo é máis contextual, por iso e máis lento. O suspense tira do lector e provoca unha trama máis dinámica.
"A literatura é sobre todo estilo. Tento darlle a cada secuencia un remate estilístico. O primeiro título que pensei era Días laborables pero parecíame moi anodino e busquei algo máis lírico e suxestivo". A imaxe da tapa escolleuna Xerais. Parece sacada de Os luns ó sol.
Preguntado sobre a inspiración Xaquín responde que "as historias están arredor de nós. Hai que ollar, hai que asumir que pode quedar en nada."
Aquí fálase de "heroica cidade" o que nos comunica con La Regenta. Tamén de Corazón de Edmundo de Amicis, que foi o xérmolo de Marco. E algunhas alusións a Cortázar, Agatha Christie... Hai un sacristán grotesco que parece ideado por Valle Inclán. O libro tamén ten a súa propia banda sonora, con cancions como A Garota de Ipanema.
Fálase do abuso de poder, a corrupción, a especulación da vivenda, a soidade, o individualismo, a precariedade laboral, a incerteza...
Hay catro personaxes principais: "Non quería que fosen estereotipados ou arquetípicos nin unha novela costumbrista". Está Vila, un conductor xubilado. Carmen, funcionaria en San Caetano que é acosada. Roberto, exfutbolista metido en temas turbios. E Elisángela, muller brasileña acosada. Son persoas solitarias, sen amparo da familia ou das amizades.
Vila procede do rural, é un paisano que agora vive na Avenida de Salamanca. A súa muller está en estado vexetativo. Moi preto hai un ultramarinos onde a dependienta "só descansa o domingo á tarde". Carmen chegara a Santiago para estudar. Roberto traballa nunha cerraxería onde tamén hai material agrícola. Elisángela, que ven doutro continente, coida das mulleres e "ofrece servicios doutro tipo"." A muller que foi bela e aínda o é" vive en Galeras. Ás veces sube ó Monte Pío na procura de paz e sosego.
Son personaxes ós que lle costa adaptarse. Asómanse ó abismo. Perderon unha rutina que lles gostaría recuperar. Coñécense nunha sala de espera. Este espazo tan teatral foi o primeiro que tiña claro Xaquín. "Ningún deles é un santo. Teñen as súas propias cruces". Hai un claro compoñente existencial.
O Bar de Amador, o Avia, sitúase na parte alta da Avenida de Coimbra, á que todos os picheleiros chamamos A Estila. "Non é un lugar de borrachos, senón un espazo social onde conflúen os personaxes". Carmen, que traballa na Xunta, ven nos tempos de lecer a tomalo café.
"Hai que ser honestos. Nunha cidade pequena impacta un crime; non podes poñer unha rede de pederastia enorme".
Román Fidalgo, un trunfador, é asasinado. "Isto é o que racha o sistema".Tiña a empresa na Praza de Galicia que é, ó mesmo tempo, lugar de tránsito e espazo do poder. Hai unha xornalista ambiciosa, Belén, que ronda os límites do ético. O seu obxectivo era desenmascarar a súa presa, Román.
A acción transcorre no outono, entre fins de outubro e principios de novembro do 2023. Arranca un domingo nunha cidade "horfa de estudantes e funcionarios". Só unha semana, fundamentalmente cinco días. "O peor non é o frío senón o que queda de mañá".
No hay comentarios:
Publicar un comentario