lunes, 31 de enero de 2022

Supervivente

*Notas sobre a novela O cervo e a sombra 

Café literario con Diego Ameixeiras na Libraría Couceiro (26-I-2022)

   “É a miña novela que menos depende da trama. As outras son máis de peripecia, unha acción detrás doutra”.  Fálase do paso do tempo, do desamor, os lazos familiares…

  Historia contada por un home que vai morrer. Fala da súa vida. Os recordos moitas veces son caóticos. O sufrimento pola perda dos pais nun accidente automobilístico .  “Cando lembras a alguén que xa non está acabas fixándote menos no vínculo e máis nas aventuras que terían de mozos”.

   É unha historia de redención polo negro pasado coa súa parella. Sábese que cruzou certa barreira de violencia física ou verbal con Irene. Diego conscientemente non concreta eses feitos. Ela, personaxe moi misterioso ó principio, abandonou a relación. Nunha festa atópaa e ten unha oportunidade de recuperala.

   Mateo levaba unha vida pouco recomendada e chea de adiccións. “Non quería caer na obscenidade e no sórdido. Quería beleza poética”.  É un camelo e pequeno delincuente pero quere agarrarse a algo. A novela vai sobre a necesidade de crer, sobre a esperanza.


   Un dos que lle tende a man é o crego Andrés, case un teólogo da liberación. Parece un personaxe de Unamuno. “Resultoume difícil que os seus diálogos fosen cribles”.

   A obra está escrita antes da pandemia pero logo a realidade supera a ficción,  chegaron as colas da fame. Mateo quere redimirse participando no banco de alimentos e axudando a Eulalia, mestra xubilada, mesmo coas labores do fogar.

   Ameixeiras aproveita para falar das novelas do neorrealismo italiano.“Son as miñas teimas ”.Guille, o amigo heroinómano, leva a novela Ladróns coma nós onde os banqueiros non quedan ben parados. 

   Aparecen lugares simbólicos  da infancia de Ameixeiras. Como o Montealegre, nas cercanías de San Francisco.  O Bar Paraíso, onde ten lembranzas bonitas, non existe e o nome non é mais que unha charavisca. Montou a casa okupa na Barronca, aquí escrito con k,  espacio moi descoidado detrás da Alameda onde palpita a esencia da cidade.   Sinte Ourense como un lugar que nos últimos anos quedou parada e case te obriga a fuxir.  De neno as vías do tren eran un lugar de xogo, como na película El Bola, e tamén un sinónimo de fuxida.

   Está tamén o desacougo polos edificios, bares ou tendas que van desaparecendo sobre todo nos barrios das ciudades. Montalbán cría que debería haber un cronista en cada unha destas barriadas para que estas historias non morresen.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario